Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Solo industrial

jueves, 24 de octubre de 2013
Os parques industriais democratizaron o solo industrial, puñérono ao alcance de todos. O malo é que a crise chegou no momento menos oportuno e os organismos promotores pasáronse, e agora ata pode pensarse en rebaixas ou saldos en solo ata non hai moito tempo difícil de conseguir.

Cando era negocio investir en pisos que no prazo dun par de meses incrementaban sustancialmente o seu valor, proporcionando importantes ganancias sen mover un dedo e sen poñer un euro, tamén o solo industrial experimentaba incrementos importantes, especialmente en polígonos industriais con superficie limitada que non permitía posteriores ampliacións.

Nestes momentos existen polígonos, distribuidos por toda Galicia, promovidos pola Xunta, por outras institucións ou particulares, que teñen solo disposto a ser ocupado se houbese compradores que quixesen afrontar proxectos empresariais. Pero non parece ser o momento.

A Xunta vai emprender accións para fomentar a adquisición deste solo con rebaixas nos precios, adiamento nos pagos, arrendamentos con opcións de compra, para animar aos emprendedores a instalarse en polígonos nos que existen millóns de metros cadrados sen utilización cando están dotados de todos os servizos e poden ser utilizados de inmediato.

Que non sexa por non ter lugares axeitados que non nazan iniciativas empresariais. Só faltan esas iniciativas, e que as entidades crediticias apoien os seus proxectos. Só así se creará emprego e se animará a economía. Ou sexa, que volvemos ao de sempre: que a banca non funciona. Non funciona no sentido que ten que funcionar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES