Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aparece un recén nacido abandoado

jueves, 24 de octubre de 2013
Calquera día, a calquera hora, en calquera lugar aparece un recén nacido nun contenedor, nun portal, en calquera sitio…
Descoñécese quen o deixou alí…

A persoa ou persoas que o encontran, dan parte á autoridade. Esta recólleo.
Automaticamente salta a triste noticia nos medios de comunicación social...
Toda a sociedade se consterna...
Ata aquí, todo lóxico; pero agora ven o que a min máis me chama a atención.

Unha boa parte da sociedade faise preguntas e emite xuizos máis ou menos deste estilo:

1.- ¿DONDE ESTARÁ A NAI QUE O ABANDOOU?
Pregúntome eu:
- ¿Quen pode afirmar que foi a nai quen o abandoou?
- ¿Non puido se-lo pai ou outra persoa?
-¿Esa criatura enxendrouse sen a colaboración dun “home”?
¿A única responsable é a nai?

2.- ¡QUE MALVADA!
Sigo preguntando:
¿Sabemos en que circunstancias foi concebida esa criatura?
¿Non sería malvada, esa nai, se conseguira abortar?
¿Ou se aproveitara para tira-la criatura nun contendor xusto antes de pasa-lo camión do lixo?
¿Por qué calificamos de malvada á nai e non ó pai, á familia e á sociedade en xeral?
¡Que pasa! ¿Os homes están exentos destas responsabilidades?

3.- ¿FAI FALTA NON TER CORAZÓN PARA FACER UNHA COUSA ASÍ...!
E sigo preguntándome:
¿Imaxínase quen emite ese tipo de xuizos o que sufriu esa naiciña durante o seu embarazo “oculto”, durante o parto –seguramente que tamén oculto- e o que sufrirá ó longo da súa vida por non poder responsabilizarse dunha criatura saída das súas entrañas?
¿Sabemos se a nai segue viva?
¿Sabemos en que circunstancias foi enxendrada esa criatura?
¿Sabemos como vive esa nai?
¿Pensamos que unha cousa así se fai por capricho?
¿É a nai a única autora e responsable de feitos como este?
Repito: ¿Esa criatura non ten pai, non ten avós, non ten tíos, non ten amigos, non ten ninguén que a apoie...antes de chegar a esta situación?

4.- EU NON ENTENDO COMO SE PODE FACER UNHA COUSA ASÍ...
A quen fai afirmacións deste estilo eu preguntaríalle:
¿Atopouse vostede nalgún momento da súa vida nunha situación semellante?
Moito me temo que non. Se se encontrara opinaría de xeito ben diferente.
Unha cosa é falar da guerra e outra ben diferente é verse nela.

5.- A QUEN SE LLE OCORRE ABANDOAR A UN SER INDEFENSO...
A ninguén lle cabe a menor dúbida de que un bebé é un ser indefenso, ¡E TAN INDEFENSO…!
Pero…moitas veces a quen esto afirma poderíaselle preguntar:
¿Non son inefensos os anciáns e os enfermos que se atopan sós e moitas veces abandoados polos propios familiares de familias “ben vistas na sociedade”?
Se ten dúbidas pregunte nun hospital ou nunha residencia de anciáns.
E se as paredes dalgunhas casas falaran...

6.- ESO É UN CRIME..
E sigo preguntando:
¿Non sería crime se o matara antes ou despois do parto?
Esto dá moito que falar...
Quen queira saber máis pode consultar abundante bibliografía ó respecto...
Haber, haina e fala moi claro.
(.................................)

7.- Por se esto fora pouco aparece o correspondente responsable político de turno e di algo así:

´”Sabendo o ben que funcionan os servizos sociais.....”
Afortunadamentee estamos nun país que dispón de servizos sociais e temos persoal que se entrega en corpo e alma ó seu labor abrindo expedientes e máis expedientes de persoas en necesidade, pero...
¿Ata onde alcanzan os presuppostos destinados a tales fins?

¿Está toda a poboación debidamente informada?

¿Estarán en situación regular as nais que se encontran no caso que nos ocupa?

¡QUE DOADO É EMITIR XUIZOS CANDO OS PROBLEMAS SON DE TERCEIRAS PERSOAS!

¡QUE LIXEIROS SOMOS Á HORA DE XULGAR!

¡CANTO COSTA POÑERSE NA PEL DA PERSOA OU PERSOAS AFECTADAS!

A pesar da inmensa dor que me producen feitos como este, quero pensar que estes bebés que “naceron dúas veces” poden chegar a ser piares fundamentais para a sociedade.
Cando sexan maiores seguro que loitarán con tódalas súas forzas para erradicar males deste estilo.
De feito a historia dinos que moitos xenios e moitos santos; tiveron unha orixe moi dura.

Eso desexo para estas queridísimas criaturiñas.

Vaia tamén o meu sincerísimo agradecemento para as familias que as acollen.
E -por outra banda- agradecer tamén os esforzos feitos a moitísimas familias anónimas que tiveron e teñen os seus fillos en situacións “delicadas” pero sacáronos e sácanos adiante con moitísimo esforzo confiando nun futuro prometedor.

POR ÚLTIMO QUEXERA PEDIR MOITÍSIMA MÁIS CONSIDERACIÓN PARA A MULLER NESTAS CIRCUNSTANCIAS TAN DELICADAS, A IMPLICACIÓN DO HOME NESTAS RESPONSABILIDADES E UNHA MAIOR SENSIBILIDADE NA SOCIEDADE EN XERAL E TAMÉN NOS PODERES PÚBLICOS.

-Sei que vostede, que está lendo esto, sentirá no seu corazonciño un amor especial para todas estas situacións.

-Sei que lle gustará saber que somos moitas as persoas que pensamos como vostede.

-Sei que se leva feito moito a favor da muller e que aínda queda moitísimo por facer, pero teño a firme esperanza de que pouquiño a pouco iremos despertando deste “longo sono inhumano” para alcanzar un maior grao de madurez na evolución da especie
.
A MIN PARÉCEME QUE:
“¡XA VAI SENDO HORA!”

Este tema dá para moito...Non sei a súa opinión ó respecto, o que me parece é que non é un tema para deixar indiferente a ninguén. Por eso contei con vostede á hora de escribilo.

Graciñas por estar aí.

Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES