Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Semana guapa

lunes, 21 de octubre de 2013
Pois é verdade, si, será unha semana guapa de ano lector. Ano que se constrúe a cada día e a cada libro xunto con outros soportes. E ben se sabe onde. Na Biblioteca. E por iso a semana do 21 ao 25 deste mes celébrase, enténdase que con maior acento ou singularidade, a Semana da Biblioteca ( sendo o 24 o día internacional das Bibliotecas) , si, nese espazo de corazóns desexosos de saber e de sabores novidosos, cheos de múltiples arrecendos , de doces musicalidades colocadas na Lingua propia, nas outras Linguas, e sempre no tecido primoroso da Cultura e nas vivencias que suman, ou quizabes restan, facendo lectura a través de exercícios de pensamentos na liberdade para que as experiencias sexan gratificantes, constructivas, edificadoras da casa propia.

E desta maneira , en lectura viva, activa e creativa, todo o ano na Biblioteca será como o executarmos fermosas melodías que medran harmónicas pero intensas, desde os diferentes usos dos libros primordialmente. A orquestra sinfónica serano as lectoras e os lectores que aportan execucións gustosas e voces limpas, contrastes e opinións, a clubes de lectura, para así facer resoar as vidas de cada quen a definicións determinadas.

Unha marabilla de execución e de audición para comunicar e contrastar a ritmos persoais e grupais, pois a lectora e o lector non son simplemente o quen len no soporte, deben lerse en si , nas outras e nos outros, comprendendo e así recoñecendo. Iso debe producir pensamentos e así facendo lectura aportar para motivar o fluír emerxente de palabras e ideas xa que logo,milleiros de soños e fantasías, cantidade de proxectos con traxectos. E por iso na Biblioteca día a día se posibilitan libros e demáis soportes. Lecturas pois. Velaí a Biblioteca guapa feita espazo de lectura a todas as letras, a toda páxina amical xigante compartida.

“ Ai amor, poderás dicirlle ao libro, a ti que te acariño, que vou contigo ao paso do andar das follas, e mírote, e léote, e enamórome. Ti gústasme e quero posuirte ( e así grazas á mellor mediación na Biblioteca, a das Bibliotecarias, a dos Bibliotecarios, nesa atmósfera de dozura, irei a ese outro lugar de libros para mercarte: a Librería), pois repito que quero terte libro, repetirme na túa lectura atopándome moito máis, sentindo que son máis eu.

Eu que son area dun puñado xeneroso, pero con tantos así tamén se fan montañas. Eu que son pinga de auga atlántica posta en circulación e faise doce ou salgada, río ou océano. Por iso eu quero ir na miña corrente de vida. E nela levar soportes de lectura. Facer lectura. Grazas Biblioteca. Segue máis guapa ca nunca.

(David Otero é mestre-escritor).
Otero, David
Otero, David


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES