Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A sucesión

lunes, 26 de septiembre de 2005
A sucesión de Manuel Fraga ó frente do Partido Popular de Galicia é tema de actualidade desde hai alomenos catro anos. Sen que o feito se consumase porque os avatares políticos, os calendarios electorais, e as perspectivas de aceptación popular foron retrasando o inevitable.

Como agora parece chegado o momento, xa se fala abertamente da sucesión e está en marcha -sen estar de todo- o proceso para a elección do sucesor do patriarca ó frente do Partido en Galicia.

Nas últimas confrontacións electorais, Manuel Fraga evidenciouse como a mellor imaxe e o mellor lider do Partido na comunidade autónoma, e había un sentemento xeral de que, cando el desaparecese da vida política, cada provincia sería un mundo independiente que tentaría sobresair sobre os demáis, aportando candidato e buscando primacía entre os pares das outras circunscricións electorais.

Como se se confirmase a previsión, aínda que non exactamente, catro son os candidatos in pectore, á espera que a presentación de listas e o congreso galego desta forza política deixe claras posturas e afectos.

Barreiro conta cos militantes lucenses sen dúbida algunha; Cuíña, con Baltar, ou sexa con Ourense: Núñez Feijoo, con Juncal, con Romay, e suponse que con A Coruña. López Veiga vai por libre.

Puidera parecer que agora, lonxe do poder político en Santiago e en Madrid, a sucesión de Fraga sería menos disputada. Pois todo o contrario. Porque a ninguén se lle oculta que esta lexislatura é unha proba esencial para o binomio Psoe-Bng, e o PP vai ter moito que dicir ata os próximos comicios, neles e despois.

Tódalas forzas se van poñer en tensión; boinas e birretes van loitar con toda a súa alma. Porque, como se di nas grandes confrontacións sociais, nesta ocasión non se elixe entre dúas persoas para gobernar un Partido e, posiblemente, un País. Elíxese entre dous modelos -populistas e tecnócratas-, entre dous estilos, entre dous mundos (Galicia e Madrid). En xaneiro sucederá o que teña que suceder.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES