Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

"Botes" e as San Lucas

viernes, 18 de octubre de 2013
A relación Foz-Mondoñedo data de tempos moi afastados. Vellos papeis refiren que a primeira actividade mercantil dos focegos foi a venda de peixe fresco nos mercados da cidade, labor que se mantivo ata os nosos días. A cotiá presencia destas vendedoras fixo que chegasen a formar parte da xeografía humana da cidade e que alí acadaran popularidade.

Por outra banda a relación foi recíproca pois Mondoñedo – con Valadouro e Lourenzá – foron as pioneiras do veraneo focego e xa o xornal “El Baluarte de Galicia”, da cidade do Masma, do 19//7/1892 (hai mais de 120 anos), decía: “Ha salido para Foz, con objeto de tomar baños, don Felipe Carrera, acompañado de su distinguida esposa doña Carmen Robles”.

Don Xosé Trapero, xornalista e escritor que vivíu todo o século pasado, ata o ano 95, comentounos moitas veces o feito e relacionaba os nomes de familias que acudían polo verán a Foz dende primeiros do s.XX. Xa entón meu tío-avó Antonio de Botes establecera línea de viaxeiros entre os dous pobos, en flamante dilixencia tirada por cabalos, servizo que algúns días prolongaba ata Baamonde a onde levaba ós emigrantes para coller o tren á Coruña e alí embarcar rumbo a América para, tras navegar un mes, chegar a terras do Novo Mundo, das que algúns endexamais voltarían ...

En 1922 Botes mercou un Dion Bouton, coche francés do que era concesionario o mindoniense Xosé Barro, establecido en Chavín con importante industria. Motorizábase así o medio, non tardando en adquirir outra unidade idéntica que en ambos costados lucía o nome de El Focense.

Ó pouco tempo, en desgraciada manobra, Antonio de Botes perdía a vida nunha rúa de Mondoñedo. O coche foi perante moitos anos o cordón umbilical entre ambos pobos. Cara a aquél ían as caixas das pescantiñas cheas de peixe que para a volta cargaban dos magníficos froitos da horta daquel val.

Chegadas as San Lucas o coche- ateigado de viaxeiros ata a “baca”- redobraba os esforzos para carrexar tanta parroquia. En decembro de 1965 finou Xosé, o fillo do promotor. O coche seguíu acudindo á Cidade Episcopal levado polo seu fillo Antonio ata que, pasados algúns anos, os herdeiros venderon a empresa; rachaba así o cordón umbilical da tradicional relación focego-mindoniense. O coche de Botes endexamais voltou ás San Lucas.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES