Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Días grandes da nosa vida

jueves, 17 de octubre de 2013
Se nos preguntan polos días máis importantes da nosa vida seguro que teríamos unha lista tan larga como días de vida temos; porque se nos paramos a pensar, tódolos días son sumamente importantes.

Pero nuns días loce un sol radiante, noutros hai nubes, noutros chubascos, noutros tronada, noutros diluvia, noutros…
A vida mesma.

¿Que lle vou dicir eu a vostede?

Nesta ocasión chamarémoslle “DÍAS GRANDES DA NOSA VIDA” a aqueles que loce un sol radiante no nosso corazón, ainda que fora chovan a chuzos de punta.

Loxicamete, eu non sei cales son eses días para vostede; pero existe a posibilidade de que algúns dos meus lle recorden algúns dos seus para que –rememorándoos- os disfrute de novo.

Esa é a miña intención.

Seguro que para vostede é moi importante o día do seu nacemento. Seguro que ten datos suficientes que lle recordan a felicidiade que produciu á súa chegada a este mundo. E se aínda lle viven os pais; mellor que mellor.

1.- O DÍA DO NACEMENTO:

Eu non teño noticias do que pasou o día que nacín. Daquela na miña aldea non se sabía que existiran as cámaras fotográficas e menos as de vídeo. Nada de nada.

Vostede é moi probable que si.
Se ten documentación, ésta de sorte. A min tócame bota-la imaxinación a voar...que é unha maneira de disfrutar.

Tanto se si como se non, seguro que para vostede é un día grande o do seu nacemento.

Para min tamén.
Eso que teño poucas noticias.
Tan só:

1.- Que nacín na casa. No cuarto dunha casa da aldea.
Esa casa aínda a venero hoxe en día. Ten un encanto especial. Era unha casa con certos adiantos para aqueles tempos e aquelas circunstancias.

2.- Que o meu papá todo ilusionado chamou ó meu irmán que xa tiña catro años e díxolle:
¡VEN VER, VEN QUE NOS NACEU UNHA NENA!
O meu irmán foi e ó verme –recén nacida- quedouse abraiado daquela criatura tan pequena e tan fea.
Esto díxomo cando xa debía ter corenta anos ou máis e repetiume as mesmas palabras:

“Eras FEA, FEEA...”
E confeso que sigo sendo FEA, pero estou moi feliz de ter nacido, entre outras cousas porque se non nacera, non podería contalo.

Aínda así, para min un día grande da miña vida foi o do meu nacemento, que según di o rexistro foi o día DOCE, do mes DOCE, á hora DOCE.
Gústame este número. Din que é o número da perfección.

Así cada día 12 do mes 12 celebro que cumprín un ano máis e ben contenta que estou de podelo celebrar.

Seguro que para vostede o día do seu nacementoa tamén é un día máxico. E seguro que o celebra por todo o alto. Así me gusta.

2.- CERTIFICADO DE ESTUDIOS PRIMARIOS:

Outro día grande tamén foi cando me deron un papeliño pequeniño que poñía:
“Doña Mercedes Cachaza Platas ha superado la prueba para la obtención del Certificado de Estudios Primarios”.
Aínda é hoxe o día que conservo o título colgado na miña biblioteca. Ten un significado moi especial para min. E tamén para a mestra que me preparou para conseguilo. Aínda seguimos en contacto.

¿Por qué foi un día moi grande para min?
Pois porque era a primeira vez na vida da escola á que asistía que ninguén obtivera semellante título.
Costara suor e bágoas: un exame dificilísimo no que me puxeron un problema para calcular a área dunha alfombra rectangular.
Eu preguntábame: ¿Que será unha ALFOMBRA?
(Na miña vida oira falar de tal cousa na miña aldea).

A mestra que me viu en apuros susurroume: “Es un rectángulo”
Eu vin o ceo aberto.

Para que nos deran o título, fixemos dez kms acompañados da nosa benquerida mestra para que o xuíz de paz nos asinara un xustificante. Era un día de xullo que quentaba o sol a tope.

Xa se sabe, as novidades sempre sorprenden: o primeiro amor, a primeira vez…

¿Por qué me lembro deso e non me lembro de cando obtiven varios títulos de rango moi superior a aquel?
A resposta é:
“Porque me costou moito sacrificio, porque era unha novidade para min, era un logro nunca visto”

¿POR QUE AGORA OS NENOS NON VALORAN AS COSAS NA SÚA XUSTA MEDIDA?
-Porque teñen todo tipo de facilidades, porque teñen de todo (ou eso pensan) e non saben aprecialo.

Para, valorar e para disfrutar de algo, hai que sacrificarse por conseguilo.
Xa din alí:
“O QUE NON O COSTA, NON O VALE”


¿ERA MALO NON TER DE NADA –OU ESO PENSÁBAMOS- NOS MEUS TEMPOS?

Parecía malo pero incitábanos a superarnos e a loitar para conseguir algo.

Daquela falar da mestra na miña casa era pouco menos que falar de Deus.

A mestra era sagrada.

Había que obedecerlle.
(Eso era o que me dicían na casa e sobráballes razón)

¿SÁBESE VALORAR HOXE O LABOR DO PROFESORADO NA SÚA XUSTA MEDIDA?
Estou en disposición de afirmar rotundamente que: ¡NON!
Son moi poucas a persoas que teñen conciencia do labor do profesorado e eso repercute negativamente no alumnado en particular e na sociedade en xeral.

¿É MALO QUE AGORA A INFANCIA TEÑA TODO TIPO DE FACILIDADES E TEÑA DE TODO?
Tampouco é malo se se sabe usar racionalmente.

Hoxe en día a infancia que ten unha boa base familiar tamén sabe loitar e valorar as cousas en proporción directa ó esforzo que lle costa. E tamén sabe valorar ás persoas según o posto que ocupen na súa vida.
Hoxe dispoñen de moitos máis medios pero tamén deben esforzarse par saber busca-la información, sintetizala e asimilala.

É moi posible que vostede teña multitude de anécdotas que contar da súa vida escolar na infancia, porque unha cousa é ben certa: “Ninguén nace aprendido”

Se o considera oportuno pode comentalo coa familia, cos amigos ou con outras persoas.

E se por pedir é, aínda lle pedería que compartise as súas expereincias escolares positivas coa infancia de hoxe en día. Seguro que o enriquecemento é mutuo.

3.- FESTA ONOMÁSTICA:

Outro día moi grande para min, é o día da miña festa onomástiaca por varias razóns:

-Un día 24 de setembro entereime de que era o día do meu santo porque ingresei nun colexio de Madres Mercedarias.
E con elas pasei moitos anos celbrando o día da Mered
-A Merced foi a patrona laboral de varios membros da miña familia e tamén a patrona da cidade condal: Barcelona á que lle teño certo cariño porque a teño visitado moitas veces.

-Un día 24 de setembro aprobei o derradeiro exame dunha oposición que me habilitou para exerce-la miña profesión que amei e sigo amado, con tódalas miñas forzas.

-O día 24 de setemro recibo moitas felicitacións das persoas que me aprecian. ¡Unha gozada!

-Un día 24 un gran cirurxián devolveume a respiración que estaba a piques de perdela

-Ademais o día 24 de decembro celebramos a noiteboa en toda a Cristiandade.

¿Vostede celebra o seu santo en familia ou con amigos?
Hai persoas que si o celebran, outras celebran o cumpre e outras pasan.

En calquera caso a min eso das celebracións gústeme moito.
Celebro esto, celebro aquelo, nunha palabra: “celebro todo e disfruto un montón” Por facer festa, celebro calquera cousa.

A vida déusenos para disfrutala.
¿Non lle parece?

¿Celebra vostede a Noiteboa?

Eu si que a celebro porque na miña infancia, celebrábaa todo o vecindario e comíanse lambetas, que daquela andaban moi escasas.
Tamén se cantaban panxoliñas e aínda que careceran de sentido, alegraban a vida.
Actualmente sígoa celebrando pero cun significado máis pleno desde o punto de vista Cristiano.

Moitas persoas celebran o Papá Noel porque está directamente relacionado cos regalos e co consumismo que invade a sociedade actual.

Se vostede celebra o Papá Noel, tamén é unha celebración. O importante é que celebre algo que teña algún significado importante para vostede.
As celebracións sempre son enriquecedoras.


4.- OUTRO DÍA IMPORTANTE PODE SE-LA FESTA DO PATRÓN DA ALDEA:

Ese día cómense larpeiradas e reúnese a familia, os amigos, o vecindario...
Eu lembro moito a festa do patrón de cando era nena, porque viña o panadeiro e traía a bizcochada que non se podia empezar antes do momento do postre.
¡Quen me dera a min podela probar aínda que so fora por unha beiriña cando chegaba recén feita!

Aí temos outra razón pola que para valorar algo hai que desexalo con ganas.

Se non tes ganas....non hai nada que facer.
Xa che podem dá-lo que queiran que ti, nin caso.

5.- A VODA:

Un día moi importante na vida dunha persoa é o da súa voda:

-Unha nova etapa empeza.
Antes era de por vida e por eso se pensaba moito.
Agora non fai falta pensalo tanto (ou eso cremos) porque cando menos se pensa, pode rematar.
En calquera caso, cando tomas unha decisión deste tipo, celébralo e lémbraste toda a vida.

Se vostede casou e acertou, seguro que fai festa por todo o alto, sobre todo polas vodas de prata, de ouro ou de platino.
¡Noraboa!
¡É vostede unha pesoa moi pero que moi afortunada!

6.- UN NACEMENTO:

Outro día pode ser cando nace un novo membro da família ou no vecindario, ou na casa dunha amistade.
¿A quen non lle gusta que medre a súa familia?

Nas aldeas galegas, hoxe en día andamos moi escasos de nacementos e cando nace algún, alegrámonos moito.

¿Hai algo máis bonito que un bebé?

7.- DÍA DA LOTERÍA:

¿ Por que non dicilo?
O día da lotería é un día feliz para todos. Uns están felices porque lles tocou os outros disfrutamos ó ver o felices que están os agraciados.

Aínda que eu penso que:

“A MELLOR LOTERÍA É O TRABALLO DE CADA DÍA”

Nunca me tocou a lotería dos cartos, eso que nunha ocasión comprei um décimo en SORT (Lleida); pero nada de nada.

A verdade é que tampouco xogo. Tan só por compromiso.

A min tocoume a lotería de ter un traballo remunerado toda a miña vida laboral. Con eso xa conseguín –administrándome racionalmente, sen privacións e sen derroches- gaña-lo pan de cada día que ó meu entender, é a mellor lotería.

Tampouco fai falta máis.
Eso é o que creo eu.

Non sei que pensa vostede, pero eu desexo outro tanto para os xoves da actualidade: saúde e traballo para gaña-lo pan.


En fin…
Sei que vostede ten moitísimos días grandes na súa vida.

Eu tamén.
Cada persoa ten os seus días grandes, cada persoa ten moito que celebrar.

TODOS TEMOS MOITOS DÍAS GRANDES.

Agora se mo permite, voulle pedir un gran favor:

“FAGA UN REPASO DOS DÍAS GRANDES DA SÚA VIDA”

Seguro que se soprenderá de tantos e tantos días felices que hai na súa vida e quizais se decida a celebralo coas persoas que ten ó seu carón ou se non co mellor amigo do mundo que é vostede

¿Que lle parece?

Igual que celebramos o cumpreanos, o aniversario de voda ou outros, poderíamos celebrar o:

“DÍA DOS DÍAS GRANDES”

E tal vez, o día mellor para celebralo, sexa hoxe mesmo.

Hoxe é un día moi grande para vostede.

¿Sabe por que?

Pois porque é o único día do que pode disfrutar neste momento.

Hoxe é o presente, o único tempo do que dispón.

¡Fíxese ben!:

-O pasado, pasado está, non pode recuperalo.

-O futuro non sabe se chegará a disfrutalo. (¡Oxalá que si!)

Certo que quere disfrutalo, pero:

¿Quen sabe o que pasará no futuro?

Pois daquela, se lle parece únase a min para dicir:

¡HOXE É UN DÍA GRANDE NA MIÑA VIDA!

E repita:

¡HOXE É UN DÍA GRANDE NA MIÑA VIDA!

¡VOUNO CELEBRAR!

Xa somos polo menos dúas persoas celebrándoo e seguro que aparecerá alguén máis porque:

“HOXE É UN GRAN DÍA NA MIÑA VIDA”.

“HOXE É UN GRAN DÍA NA TÚA VIDA”

“HOXE É UN GRAN DÍA NA SÚA VIADA”

“HOXE É UN GRAN DÍA NA NOSA VIDA”

“HOXE É O MELLOR DÍA DA NOSA VIDA”

¡A celebralo, toca!

¿A que espera?

¡Decídase!

¡XA!

NON HAI MELLOR MOMETO QUE O PRESENTE.

Quédolle moi agradecida por CELEBRALO, por ACOMPAÑARME e por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES