Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A comunión dos divorciados

viernes, 18 de octubre de 2013
O cardenal Amigo, arcebispo emérito de Sevilla, ven de abrir unha porta inmensa cara as interioridades da Igrexa, ao confirmar que o Papa está disposto a que se estudie o caso das persoas divorciadas que contraeron segundas nupcias – enténdese que católicos que casaron pola Igrexa- poidan recibir o sacramento da comunión.

Ata agora mesmo, a Igrexa mantivo unha postura absolutamente pechada a esta posibilidade, baseada na lóxica de que o matrimonio é indisoluble, e o que busca a ruptura deste vínculo por outros medios ou con arreglo ás disposicións legais en materia civil, se alonxa da Igrexa dun xeito definitivo.

Parece que este Papa está decidido a cambiar todo o que na Igrexa resulte ser accesorio, e as súas actuacións teñen despertado un tremendo interese entre os fieis que estiman que sen cambiar a esencia, a institución debe axeitarse aos tempos que corren, precisamente naqueles aspectos que incidan directamente na vida e nas crenzas das persoas, e non sexan fundamentais á hora de vivir a fe que cada cristián profese.

Son moitos os temas pendentes que a Igrexa ten que afrontar, non sendo o menor a comunión dos divorciados ou, o que é o mesmo, a aceptación na Igrexa desas fórmulas para disolver un matrimonio que non funciona sen ter que recurrir ao Tribunal da Rota, reservado para casos moi especiais. Que serán palabras maiores cando se fale do celibato dos cregos ou o sacerdocio das mulleres.

Pero a disposición deste Papa a facer reformas importantes, consegue despertar interese e manter a esperanza para moitos que necesitan e desexan que a Igrexa siga abrindo portas para non ter que abandoala.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania