Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

300 euros

miércoles, 16 de octubre de 2013
Dez euros ao dia é a cantidade que tres millóns de españoles teñen para afrontar a súa existencia. Na frase anterior resúmese a traxedia de moitísima xente que carece do máis necesario e son os sufridores máis directos dunha crise que non deixa de rebaixar dereitos, percepcións, nivel de vida.

A denuncia faina Cárita no seu informe anual, recentemente presentado, subliñando que hai seis anos a cifra dos que estaban nesa circunstancia tan especial era da metade.

Nestes últimos tempos, o deterioro foi imparable, e esta organización benéfica – Cáritas- pasou de atender 350.000 persoas no 2007 a case dous millóns (1,9 millóns) no pasado ano.

Dispoñer de trescentos euros ao mes para vivir é pertencer a escala máis humilde dunha sociedade que en tempos se creeu opulenta, e que hoxe ten completa conciencia da súa precariedade e mediocridade. Intentar vivir con trescentos euros ao mes é xogar a diario a unha tráxica ruleta rusa que pode provocar a morte por inanición.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES