Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A memoria lingüística de Galicia

miércoles, 16 de octubre de 2013
DÍA DA RESTAURACIÓN DA MEMORIA LINGÚÍSTICA DE GALICIA

Os lugares máis evidentes da desmemoria lingüística de Galicia son os cemiterios. Por incomprensible que poida parecer a “parroquia dos mortos” non fala a mesma lingua que a dos vivos. As lápidas dos camposantos galegos amosan a renuncia dos galegos ao seu idioma; prefiren, nos máis dos casos, lembrar aos seus defuntos nunha lingua na que nunca falaron en vida. Os datos estatísticos non nos deixan mentir: no que fai ás lápidas, só unha de cada mil reza en galego; no tocante ás esquelas publicadas nos medios de comunicación observamos desde hai oito anos o descenso da porcentaxe: se entón era un 3%, hoxe é un punto menos.

Unha anomalía cultural, que se noutros períodos historicos tivo a súa razón de ser por mor das inxerencias político-relixiosas, hoxe, despois de tantos anos convivindo nun marco xurídico de liberdades, semella un desleixo xeralizado que cómpre reconducir. Esto é o que vén facendo a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG) desde hai vinte anos en solitario loitando contra os prexuízos lingüísticos de amplos sectores da sociedade galega. A argallada de que identificar a lingua galega coa morte non é oportuna para acadarmos a normalización lingüística plena cae polo propio pé: os cemiterios galegos son espazos moi queridos e respetados na nosa tradición cultural. Daquela, o que cómpre é que eses lugares dean conta do idioma no que falaron os que están soterrados neles.

Xa que logo, se o discurso da política lingüística non pode marxinar ningún espazo social para a lingua galega, son os cemiterios onde está depositada a nosa memoria colectiva, que debe ter unha consideración especial para garantirmos a pervivencia da súa lembranza.Para iso cómpre crear uha corrente de opinión favorable nunha dobre vertente; por unha banda, na restauración da memoria lingüística que consistiría na substitución das lápidas en castelán por outras en galego en congruencia coa identidade lingüística dos falecidos.

Para a AFNLG, que como xa queda indicado ten unha dilatada experiencia de actuacións nesta actividade regaleguizadora, é importante a participación das organizacións políticas, sindicais e culturais como expresións máis conscientes da sociedade, trasladando aos seus afiliados e simpatizan tes esta proposta. O Día de Defuntos debe ser unha data para homenaxealos con epitafios redactados no idioma no que se expresaron en vida; porque nel soñaron, namoraron, choraron, cantaron e contaron, arrolaron aos seus fillos e netos e desenvolveron todas actividades da vida cotiá.

O próximo día 23 do mes que andamos, ás cinco da tarde celebrarase en San Domingo de Bonaval, en Compostela un acto ao que asistirán os representantes de todas as forzas políticas galega e rexedores municipais para asinaren a declaración da institucionalización do DÍA DA RESTAURACIÓN DA MEMORIA LINGUISTICA DE GALICIA, que xirará arredor de tres propostas dirixidas aos concellos: a) colocación dunha placa nas portas dos cemiterios co seguinte texto: “Na memoria de todos os que xacen aquí, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”, e honrar a memoria dalgún defunto coa substitución da lápida en castelán por outra en galego, que serva como exemplo a imitar; b) promover actos públicos de sinatura de actas de vontade na que se especifique expresamente os desexos de que os actos fúnebres e a súa lembraza sexa en lingua galega. Desta maneira os herdeiros quedarán obrigados a cumprir a manda e c) instar ás empresas do sector funerario e afín a ofrecer os seus servizos nas dúas linguas.

(Xosé González Martínez é Presidente do Foro E. Peinador).
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES