Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coñecer San Martiño

viernes, 11 de octubre de 2013
A Asociación de Comerciantes (Acia-Foz) que preside Xosé Carlos Paleo ven desenvolvendo un laudable labor a prol da promoción do comercio tradicional valéndose dos resortes que baseados nos alicientes gastronómicos, festivos, lúdicos ou culturais, poden resultar de interese para o común dos cidadáns. Neste senso anúnciase para datas vindeiras unha iniciativa pola que o cronista felicita ós promotores: trátase de algo tan sinxelo como é a visita a San Martiño; o desprazamento e retorno en autocar coa compaña dunha guía que asesorará ós participantes sobre a historia do cenobio; dos valores arquitectónicos e artísticos; da tradición como hospital de peregrinos; de cómo a piques estivo de ser derrubado e cómo se evitou; das nominacións de monumento nacional, Bic ou Basílica.

Trátase, pois, dunha visita didáctica que permita a propios e estranos un coñecemento mais amplo da realidade e o significado cultural do que è o maior activo que os focegos temos neste eido e do que debemos sentirnos ledos e amantes e, polo tanto, defendelo e salvagardalo das agresións, veñan de onde queira. Pero a verdade axiomática é que non pode amarse o que non se coñece; cando os valores se ignoran ocurre que non se albisca a trascendencia que tenen, por exemplo, para a faceta económica que representa o turismo, atraído cada vez mais polos feitos culturais.

Posiblemente numerosos focegos só saiban da importancia de San Martiño por oídas; das populares lendas ou da anual romería do Bispo Santo; ésta que ofrece ACIA-Foz é unha oportunidade atractiva, sen esforzo nen dedicación, para profundar nel e mellorar a bagaxe de coñecemento referido ó mesmo. Só a falta del pode dar creto á agresión que hai uns anos se cometeo coas obras dos retretes no seu entorno; actuación á que niguén puxo reparo e que dende o concello se defendeo a capa e espada,,.incrible!

A excepción fora a Asociación de Veciños da parroquia que se opuxo, presentando un proxecto alternativo respetuoso coas vetustas pedras, das que Cunqueiro dixera que “parecen labradas por mans imposibles”,
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES