Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na Casa de Hortas

miércoles, 09 de octubre de 2013
A última vez que estivéramos nela fora en maio de 2004, só tres meses antes de finar Manuel María. Acudíramos a Outeiro de Rei para acompañar ó poeta na presentación do libro “Elexías á miña vida pequeniña”.

Cando polos 50 do pasado século Manuel o escribiu- unha das suas primeiras obras- enviou o orixinal a Cunqueiro pedindo a súa opinión; éste nunca respostou, o traballo extraviouse e o autor tiña mágoa porque, en contra do que nel era habitual, non se quedara con copia. Medio século despois, e por un casual, entre vellos papeis apareceo o traballo do chairego na casa do mindoniense, e foi editado. A doenza do vate estaba moi avanzada; vencendo os atrancos desprazouse dende a Coruña á súa amada carballeira de Santa Isabel e alí, a carón do monolíto que habia anos levantàrase na súa honra, recibíu a homenaxe íntima de pouco mais dunha ducia de amigos, cos que vivíu a ledicia da obra recuperada; logo, fomos á Casa e o cronista, por derradeira vez, sentou na cadeira da cociña central.

Voltamos agora á noble casona, xa Casa-Museo de M.M., na que se realizou unha fermosa obra que conserva toda a personalidade e o engado da vella casa labrega, fondamente enraizada no lugar, rodeada da horta e árbores que o Poeta da Terra Chá amaba profundamente e que cantou ó longo da vida: o cedro, xigante e poderoso; a claudeira; a cerdeira e a mazaira; a grande e frondosa nogueira; o loureiro , “feito de luz e vento namorado”; a pereira vella ... e a palleira, convertjda en auditorio. Fiel ó espíritu, a casa manten vivo o recordo do poeta: a habitación e a cama na que naceo; o coarto do Reloxo de parede co despacho e a vetusta máquina coa que escribiu centos de poemas; as coleccións de navalliñas, de estilográficas e de reloxos; cadros, no seu día agasallos de grandes artistas da terra; os poemas a Saleta e a cada rincón da casa; os 14 mil volumes da biblioteca: en lugar preferente o líbro “Versos florecidos en louvanza de Foz”, e diversas referencias graficas e lterarias da súa relación coa vila; toda unha vida. A visita resultounos moi emotiva...
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES