Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alumnos e aulas

sábado, 05 de octubre de 2013
Cando se fala de ensino, de aulas, de alumnos, parece que o único que importa é o tamaño. Que a aula non pase de 25 alumnos.

Eu, ano cincuenta, tres anos, xa aprendera a ler, fun a escola de pago en Vilalba, que o ensino oficial non gozaba de moi boa nota. E na Escola de Dona Amelia, aprendín as primeiras letras. Era unha escola que fixo historia, e que non poido lembrar cantos eramos pero daba o mesmo: Dona Amelia podía con todo.

E un ano no que rematei o curso moi cedo e fun para aldea en Ourol-Ambosores, cos meus tíos, para aproveitar o tempo, fun uns días á escola rural, na que a mestra impartía clase a arredor de sesenta nenos entre os cinco e quince anos. E non pasaba nada. Alomenos, non pasaba nada malo.
Os meus fillos, trinta anos despois, foron ás Josefinas de Lugo, finais dos anos setenta e comezo dos oitenta. En cada clase, corenta/corenta e cinco nenos e nenas... e a formación era xeitosa, proveitosa e eles, agora que pai e nai de familia, recoñecen o traballo que con eles efectuaron, e os resultados conseguidos.

Na actualidade, parece que só importa o tamaño, o número. E os nenos non poden pasar de vintecinco na aula, o profesor ten que ser especialista na materia, os nenos non deben aprender a ler ata os seis anos, e todo o mundo anda queixoso pola educación, xa que faltan medios, aulas, profesores... E sen embargo a educación non anda moito mellor, os nenos de agora non saben máis ca os nenos de hai trinta anos, e desde logo non máis ca os que fomos nenos hai sesenta anos e estudiábamos sen libros, sen internet, sen medios, sen mobiliario...

A conclusión debería ser doada para quen teña interese en saber o que pasa... Nin por menos nenos, nin por máis medios, nin por máis profesores, nin por mellores aulas, nin por sustituir memoria por intuición, se van conseguir mellores resultados. Ao mellor o que pasa é que antes había fame de educación, o réxime de autoridade funcionaba nas casas e nas escolas... e o tamaño importaba moi relativamente. Agora, é o único que importa... que sexan poucos nenos. E así nos vai.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES