Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outra vez o Ive

viernes, 04 de octubre de 2013
Que o Goberno ten problemas, non nos cabe a menos dúbida, porque a fin de contas non fará máis ca reflectir o conxunto dos problemas do país, chamado primeiro a coñecelos e a continuación a intentar solucionalos.

Un dos problemas é o do adianto que as empresas, especialmente as pequenas e os autónomos, fan do imposto do valor engadido, que deben aboar trimestralmente, independentemente de que as correspondentes facturas as tivesen cobradas.

É xa unha promesa vella, que a cada pouco tempo se renova como intención do goberno pero sin plasmarse nunha disposición efectiva, co que se causa un ben grave problema ás economías dos pequenos empresarios.

Agora adíase de novo o problema para o ano 2014, a partir do que se supón – se promete- que se vai poder agardar a cobrar as facturas para facer efectivo ese imposto no que o recaudador é o que prestou o servicio e formulou a factura, sen que perciba nada a cambio deste traballo a favor da facenda pública.

Así que outra vez o Ive a voltas, mareando unha bandada de paxaros que parecen perdices, para tontear co persoal que acabará por non crer nada do que lle prometen, xa que de promesas estamos fartos e fan falla como nunca realidades.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES