Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo de rebaixas

jueves, 03 de octubre de 2013
As rebaixas son ocasións para os que queren mercar ao final da tempada, a precios moito máis baixos, aínda que a cualidade non sexa a mellor do mercado.

Sen embargo, as rebaixas que agora se levan son as que se efectúan nas percepcións de traballadores de empresas en apuros, ou en calquera outro beneficio que ata o momento se disfrutara.

Hai uns días foi noticia a empresa Panrico, que a pesar de ser unha das punteiras do mercado español, vai despedir á metade da súa plantilla e reducir o soldo dos que queden prácticamente a metade.

En Galicia, os sindicatos e Novagalicia Banco veñen de pactar unha rebaixa de máis do sete por cento da masa salarial dos máis de medio milleiro de traballadores do banco Evo, a cambio de non efectuar despidos, e sen afectar aos que perciben os menores salarios.

Para todos os que vivimos tempos mellores, e coñecemos os incrementos paulatinos de salarios e condicións, esto de agora é un contrapunto, sinal do momento que sufrimos, e duro alegato contra os que soñan brotes verdes.

Poden as grandes cifras macroeconómicas pintar ouros, pero para que iso o creamos ten que cambiar moito o panorama. Por agora seguen as rebaixas e os máis optimistas confían en que non vaian a peor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES