Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sucursais bancarias

miércoles, 02 de octubre de 2013
Houbo un tempo no que case todo era desmedido, e as entidades bancarias facían brotar sucursais coma fungos nos lugares máis impensados, onde as mellores esquinas de edificios dos centros das cidades estaban ocupados por entidades de crédito, e o prestixio dunha entidade se media polo número de sucursais, o ámbito xeográfico e a ánsia de expansión.

Coma os caracois cando non hai sol, todas as entidades están replegando as súas forzas, axeitando as oficinas á realidade de cada lugar, evidenciando que rematou o medrar por medrar e que hoxe o máis poderoso non é o que ten máis oficinas senón o que as fai máis rendibles.

Consecuencia da nova situación é que diversas localidades de Galicia se quedan sen unha sucursal bancaria, nen siquera das caseiras Caixas, consideradas imbatibles, inmortais, non hai moito, e que na actualidade loitan por non desaparecer baixo a superficie dun mar abatido pola tormenta perfecta.

Que nun pobo non haxa entidade bancaria asentada significa que os pensionistas non poden cobrar a súa pensión, os labregos non poidan aboar cuotas e cargos, os comerciantes deban acopiar diñeiro en metálico para as atencións cotiáns, e a vida económica pase a depender dun pobo – por moi de preto que se atope- diferente, co conseguinte empobrecemento da vida económica.

Que ás entidades económicas, os bancos – que caixas case xa conseguimos enterralas- non lles preocupe o servizo prestado senón as cantidades percibidas, tiñámolo claro. Pechando oficinas exercitan o seu dereito ao libre comercio, pero nin concellos nin deputacións e naturalmente a Xunta de Galicia, poden quedarse quietas e caladas, e algo deben dicir ao respecto antes de que se consume este novo aspecto desertizador da nosa vidal rural.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES