Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Ere, ¿ata onde?

martes, 01 de octubre de 2013
Pensábamos que os Ere tiñan unha limitación básica, referida á empresa privada, e que nunca ían tocar a unha entidade oficial. Pois xa podemos pensar diferente, porque no concello de Ponteareas se plantea un Ere para parte do seu persoal, que pode afectar a sete dos 228 traballadores.

O persoal ao servizo dos concellos disparouse nos pasados tempos de astados robustos – vacas gordas, se entende- e agora o proceso non ten máis marcha atrás ca os despidos ou os Eres cando as necesidades orzamentarias obrigan a tan drástica decisión.

Lonxano o tempo en que os concellos de tipo modesto se organizaban con menos dunha ducia de empregados, a asunción paulatina de competencias e servizos, apertura de oficinas de atención ao cidadán ou a diversos colectivos, disparou o número de traballadores, mentras que na actualidade se restrinxe unha das principais fontes de ingresos municipais como eran as onerosas licencias de obras.

Os problemas económicos xa obrigaron a Ponteareas a pechar a radio e a televisión municipais, creación do antigo alcalde, José Castro, pioneiro en Galicia dos medios de comunicación municipais. Agora a Xunta deberá facerse cargo de parte do servizo de bombeiros e da residencia de maiores mentras que a Deputación asumirá do castelo de Vilasobroso.

E, ademáis, un Ere. Aviso a navegantes. Será o primeiro, pero seguro que non o último nas administracións galegas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania