Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Primeiro as fábricas

lunes, 30 de septiembre de 2013
Non ando eu moi ó tanto dos pormenores nin tampouco de onde partiu a iniciativa- sobre o asunto ese de que agora debemos mudar o horario e colocarnos no horario propio do meridiano no que nos atopamos e que leva rexendo a vida cotiá de ingleses, portugueses e canarios durante tampo tempo.

Pero aínda así, é dicir, sen coñecer con moita profundidade a proposta, voume arriscar a reflexionar sobre a mesma, porque máis alá de que poida ser beneficiosa para o futuro, máis alá de que a min persoalmente me guste ou non me guste ?que xa digo que son dos que defendo o inmobilismo neste tema- e incluso máis alá dalgunhas solemnes tonterías que teño lido ó respecto, repito, máis alá de todo isto, sinceramente creo que, unha vez máis, estamos colocando o carro por diante dos bois e así resulta imposible non só que o carro ande, senón que os bois se sintan útiles para o seu cometido en parella.

Explícome. Parece ser que unha das razóns de peso que motivan esta proposta (¡mira que non teñen cousas nas que perder o tempo no Congreso como para abrir un novo debate social polo que ninguén devecía!) é que seica o horario solar que temos anímanos a trasnoitar (sobre todo no verán) e fai que durmamos menos có resto de Europa, polo que ó día seguinte producimos tamén moito menos cá media dos nosos conveciños centroeuropeos (isto lino nantronte nun xornal de cabeceira madrileña e dos que se intitulan 'serios'), eses que ás catro da tarde están todos metidos na casa sentados fronte ó televisor hibernando coma os lagartos porque, ademais da noite, co frío que fai neses sitios non hai quen poña, a esas horas, un pe na rúa.

Pois ben, se esta é a razón fundamental, ademais de parecerme unha solemne idiotez, semella que agacha detrás unha boa dose de envexa ademais dunha estratexia un tanto perversa, xa que mentres os alemáns, franceses, belgas, holandeses, etc., dormen, nós podemos gozar dunha vida social que tamén a eles lles gustaría poder ter durante todo o ano e por fortuna para nós non teñen. E, sobre todo, creo que seguirlle a roca constitúe un erro estratéxico de profundo calado, cando o gran valor ?por riba de praias, museos, monumentos e gastronomía- do turismo español está baseado precisamente nesa singularidade horaria, ademais do sol que afortunadamente tampouco poden ter como eles quixeran en centroeuropa.

Pero volvo sobre liñas escritas porque ademais de todo isto, creo que pedíndonos este esforzo igualitario a prol da presunta productividade que eles teñen e nós non e achacando esa falta de productividade simplemente ás horas de sol que nos distraen, eu diríalle á victoriosa Merkel e compañía que se queren facernos centroeuropeos en todo, cousa metafisicamente imposible e na productividade tamén-, primeiro que nos poñan as fábricas aquí. Que nos traian a Bayern, a Mercedes, a Audi e tantas outras para os nosos desamparados e ermos parques industriais e logo que nos pidan o esforzo de producción e nos esixan o horario europeo. Pero, dáme que iso vai ser tamén un imposible.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES