Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xa o dicia eu...

viernes, 27 de septiembre de 2013
É moi propio de todos nós, da nosa xente. Cando algo sucede, a pouco que coincida coa nosa visión do tema, suscita o comentario de “Xa o dicía eu...”, para indicar que o temos avisado e ninguén nos fixo caso.

Na dura crise na que nos atopamos, hai tempo que deixamos de escoitar esta frase, que se dixo e con razón, porque todos sabíamos que tiña que vir un brusco frenazo, se ben ninguén foi capaz de prever cando ía ser.

Coas desmesusras daquel tempo que xa é historia, entendiamos que a burbulla inmobiliaria remataría por estoupar pero ata os últimos tempos entraron na roda numerosos investidores, incautos ou pouco informados que entendían que non ían ser eles os últimos sobre os que ía recaer todo o peso da situación.

Xa non dicimos nada... viámolo que ía pasar, sufrímolo, comentamos as consecuencias, e agora estamos nunha nova situación, na que aínda non nos damos posto de acordo en como e cando vai cambiar.

Despois, non faltará que nos asegure: “Xa o dicía eu...”. Pois aínda que quixeramos seguir o exemplo ou a palabra de alguén nos iluminase, agora o mesmo – nin nas alturas nin a ras do chan- ninguén, ninguén, di absolutamente nada.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania