Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ao Frob dalle igual

lunes, 23 de septiembre de 2013
Que Caixa Galicia, ou como se chame agora e chegue a chamarse despois, quede en Galicia ou non, ao Frob elle igual porque do único que se trata é de quitar do medio unha pataca quente que pode chegar a queimalos.

Nada nos di a nós o Frob, que naceu para remediar o irremediable, para amañar – á nosa conta- os problemas bancarios, pero ninguén vai amañar os problemas nosos derivados da acción dos banqueiros ou dos que quixeron ser aprendice de bruxos da banca.

Ao Frob dalle igual que os rescoldos de Caixa Galicia radiquen en Galicia, en Madrid ou Barcelona. Dalle igual que a merque un banco poderoso ou otro banco poderoso. Dalle igual que a compre un poderoso de aquí ca un poderoso de fóra. Pero nós nunca fomos, non somos nin seremos – nunca – poderosos.

Ao final ten razón o Frob: Que máis da que a compre un daquí ou dacolá, se nunca foi nosa nin nosa nunca será. Antes, era dunha élite que chegou a destrozala. Desde agora, a saber. Pero para nós vai ser o mesmo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES