Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quita, quita

lunes, 16 de septiembre de 2013
Cando unha empresa sofre unha crise grave abondo como para temer pola súa desaparición, tómanse medidas drásticas en relación coa súa administración, co rumbo dos seus negocios, e mesmo se razona cos acreedores máis importantes para que renuncien a unha parte da débeda para que se lles poida garantir ou alomenos pensar en pagar o resto.

Cada caso debe considerarse de xeito individualizado, que as solucións nunca son iguais ou xenéricas, pero hai un importante peso de inxustiza neste plantexamento, tendo en conta que cando se producen débedas é porque houbo servizos prestados, ou préstamos concedidos. E toda quita que se produza, en beneficio da empresa en apuros, pode repercutir na entidade que reduce voluntariamente o importe a percibir.

Agora mesmo pasa con Pescanova, con problemas incribles na que coidabamos industria senlleira do país por riba de calquera temporal – xa non digamos naufraxio- na que cambia a administración rectora e para salvar os mobles e demais instalacións básicas piden aos bancos unha quita dun setenta por cento sobre os case catro mil millóns de euros de débeda.

Cantas empresas que sobreviven case de miragre quixeran para si unha solución similar. Porque o momento é grave para todos, as entidades bancarias teñen pechado o crédito, as empresas precisan inxección de diñeiro... e a que máis grave está, suponse, pide que lle rebaixen o setenta por cento.

Cunha solución así, a inmensa maioría das empresas do país deixarían de ter problemas importantes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES