Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Arquivo de Galicia

viernes, 16 de septiembre de 2005
A oposición sempre consideou faraónico o proxecto da Cidade da Cultura que se estaba a construir en Santiago de Compostela, temendo que puidese ser un macroproxecto sen un contido definido.

Agora que a oposición é goberno, e viceversa, é o momento en que terán que buscar función axeitada para tan magna obra, xa en moi avanzado estado de construcción.

O que ía para Cidade da Cultura pode albergar, según unha das ideas que se manexan, o Arquivo Nacional de Galicia, algo polo que se ven suspirando desde hai moitos anos.

Este Arquivo, xa na época da República e dos galeguistas históricos ía ser instalado nun magno edificio existente na cidade de Betanzos pero os acontecementos foron evidenciando a imposibilidade desta iniciativa.

Hai, sí, coleccións documentais particulares ou colectivas, sumamente meritorias, que se chaman Biblioteca Penzol ou Seminario de Estudios Galegos, Real Academia ou Museo do Pobo Galego, que conservan anacos da nosa historia a xeito de documentos ou libros.

Pero falta algo máis. Falta unha institución que vaia centralizando todo o que debamos gardar para o futuro; ese Arquivo xeral onde vaian parar cantos documentos consideremos de interese para nós e os que veñan despois.

O de formar un definitivo "Arquivo de Galicia" é unha magnífica idea, para conseguir un punto de referencia da nosa memoria, e un lugar vivo no que mirarnos e apoiarnos.

A el deberán ir documentos que estean en Salamanca, en Simancas, en Capitanía militar de Ferrol, nas Universidades, nos centros de investigación... Deberá ser a institución definitiva para conseguir unha conciencia galega plasmada en papel.

Se se consegue, os edificios da Cidade da Cultura terán excelente función. Se se consegue, Galicia dará un paso moi importante como colectividade diante do mundo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES