Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cousas do Bloque

jueves, 15 de septiembre de 2005
Durante un tempo, o Bloque, entendido como unidade aínda que estea formado por diversas agrupacións nacionalistas, foinos presentado como exemplo de dureza, de intransixencia, de alboroto, de revolución de todo o establecido.

O Bloque presentóusenos como abandeirado do "Non", da oposición a todo, de radicalidade na defensa dunha Galicia utópica separada de todo o que a historia, a convivencia e a xeografía a foi vencellando.

Pero aínda que aquel Bng non fose como se nos presentaba, o Bng de hoxe ten moi pouco que ver co de hai un cuarto de século, posiblemente porque os galegos de hoxe tampouco temos moito que ver con aqueles -nós mesmos- de hai tempo.

Daquela, que alguén vencellado á política ou á cousa pública falase de "Cousas do Bloque", significaba consideración despectiva para palabras ou feitos dalgún representante da formación nacionalista.

As cousas cambiaron nos plantexamentos e na recepción, e hoxe as "Cousas do Bloque" son xa -ou poden ser- normas legais ou comportamentos a seguir.

Exemplo deste último aspecto é a postura dos representantes do Bng en Portomarín (Lugo) que, na última sesión, ofrecéronlle ó alcalde Eloi Rodríguez, do Partido Popular, todo o apoio necesario diante do novo goberno galego para as iniciativas que houbera que presentar en beneficio do concello, que se consensúen pola corporación.

O alcalde, que debeu quedarse atónito polo insólito da situación, respondeu que recibía o ofrecemento "con agarimo" e pediu constase en acta.

Que prolifere a oferta será bo para todos e, especialmente, para a saúde da política municipal galega, tan axitada sempre. E que estas "cousas do Bloque" sirvan de exemplo para o País.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES