Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Das homilías do pai Andrés (V)

miércoles, 11 de septiembre de 2013
A VIDA DOE (Domingo, 4 /7/2010).

O domingo 1/9/13, a causa dunha pequena doenza, o Pai Andrés foi sustituido por un xove sacerdote na misa de dez que habitualmente televisa a TVG. Co natural laconismo de quen vai presidir o inmenso feito da consagración, o oficiante non deu información máis algunha.
Pero o 2/9/13, o gran Xulio Xiz, bo coñecedor da miña querenza por don Andrés, informoume primeiro do seu ingreso no Hospital de A Coruña e, pouco despois, do seu tranquilizador paso a planta.
Hoxe, día 8/9/13, tampouco oficiou don Andrés
O obxecto desta nota pois non é outro que o de suplir tamén, cos seus propios textos de fai anos, homilías que moitos coma eu esperábamos inutilmente nas dúas semanas pasadas.
Co medo e respeto de sempre, reproducímolas pois na medida do posible.

“ Ante as desgrazas, moita xente de fe di: É lei de vida. E iso está moi ben dito.
Outros en cambio din: ¿Qué lle fixen eu a Deus para que me maltrate desta maneira, para que me castigue con esta enfermidade, con esta desgraza?

Pero esta non é unha pregunta moi adecuada: o que fundamentalmente fixo Deus con nos foi darnos a vida, non regateánola. Por outra parte o don da vida, inda que nos pareza extraordinario e teñámolo que agradecer, é un don relativamente cativo, precario. O señor dánolo para crecer, para morrer.
A dor dun neno ó que lle están saíndo os dentes, por exemplo, ¿é malo? Non, non é malo; é necesario para os dentes. Pero doe.
A vida doe,

Inda que a vida sexa motivo as veces das moitas alegrías, solidaridades, acercamentos e festas a agradecer, tamén temos que agradecela cando doe.

As veces enténdese mal que San Pablo diga na carta ós Hebreos que o Señor, coma pai amantísimo que é, corrixa ós que ama. Porque, realmente, il non anda buscando correxir a ninguén por sistema. Non é certa esa terrible falta de esperanza e de fe que supón dicir: Deus castiga sen pau e sen pedra. Deus non fai iso senón que, o contrario, desolado polo noso sufrimento, tennos demostrado solidaridade dabondo sufrindo con nos.

¿Qué nos di o Profeta Isaías na primeira lectura de hoxe? Que os israelitas e tódolos pobos que acoden a Xerusalén teñen que ser sinal de esperanza por alí onde pasan. Do mesmo xeito,, por onde pasa un cristián ten que abrirse unha ventá, unha luz, algo que alí onde hai sufrimento, alí onde hai, onde hai...cousas tantas veces incomprensibles para nos, poña un pouquiño de esperanza, un pouquiño de calor.
Hai que coller pois a man de Deus e decirlle: Señor estou contigo. Porque o señor tamén o está; non te maltrata. O Señor quérenos cando estamos enfermos. E, sobre todo, quérenos cando morremos: O señor quérenos tanto que nos leva con el.
Máis non se pode pedir.



Mellor NO CAMIÑO (domingo, 11/7/2010)

Despois de ler o evanxeo, don Andrés destaca o coñecido concepto de “prójimo”* que protagoniza o bó samaritán mentres outros se apartan do camiño con rodeos. Pero sobre todo insiste en que revisemos cómo vai o noso compromiso de servizo ó prójimo* á luz probablemente inadvertida de dous aspectos do asunto
Non exento de certa retranca, fabrica para eles as súas propias parábolas:

“ Non sei se coñecedes o contiño aquel da señora -señora ou señor, que tanto da-, tan piadosa tan piadosa que, cando acudía ós actos litúrxicos, non se paraba nunca. Inda que polo camiño había moitas persoas que saudábana, ela seguía e seguía. Había persoas, veciños, que lle querían pedir un favor -porque era persoa con posibles- pero ela ía tan rápida tan ...que non podía, non enredaba con eles.
Pois ben, un día chegou a Igrexa e a Igrexa estaba pechada. Deu volta por un lado para ver se había outra porta aberta pero non, tamén estaba pechada. Pechada por todos lados.
-Pero si eu vin cedo como tódolos días e a esta hora tiña que haber aquí misa –se dicía-, ¿cómo é que está todo pechado?
E, daquela repara que na porta hai un papel escrito.
-¡Ai! ¡debe de ser un aviso!- díxose
Ponse a velo e dicía:
-Estou aí fora
E firmaba: Deus
Don Andrés comenta: “O Señor está fora coma no conto; está na vida, e, se cadra, podemos equivocarnos pensando que dándolle culto na Igrexa, encontrándonos con él aquí, xa está -cumplido o expediente-. Pero Deus quere encontrarnos tamén fora, no camiño; que non deamos rodeos”


Finalmente dí: “outro aspecto moi importante da cuestión é que non se trata só de axudar ó prójimo cando se nos presenta senón de que nos fagamos prójimos buscando a xente onde está, buscando ós que nos necesitan.
-Quén foi o que fixo o que mandaba o mandamento -preguntoulle Xesús a un xurista.
-Aquel que praticou a misericordia -contestou o aludido
-Pois vai e fai ti o mesmo -contestoulle Xesús
______________________

E A PROPÓSITO:
Por internet chégame o barullo ese de reivindicacións “laicas” que, sobre todo, consisten no repudio da retransmisión RTV da Santa Misa.
¡Curiosa reivindicación esta dunha liberdade que consiste unicamente en acabar coas demáis!.
Porque o verdadeiro laicismo, tan necesario, “non é isto, non é isto”.

En tempos en que unha ciencia lanzal fainos avanzar vertixinosamente cara a descoñecementos cada vez máis profundos, en que o cerebro xa non pode filtrarnos razoablemente tódalas consecuencias do seu propio funcionamento, do relativismo, dos quanta, dos bosós etc., en que á evolución empezan a faltarlle xa anos e pezas para unha construcción acabada do evolucionismo –do verdadeiro pensamento (natural), diríamos- e , sobre todo, en que a nada -que nin sequera é iso-, o vacío, o infindo, o principio, o fin, a eternidade ou a creación seguen opoñéndose teimosamente a toda identificación minimamente comprensible, nestas confusas condicións do unoverso-repito-, non deixa de ser un pouco bizarra a seguridade con que este suposto “laicismo” pode aquí prescindir da incertidume.
Para min que, curiosamente, se trata dunha especie de superstición o revés.

Pero sobre todo, pode que estas enxebres homilías de San Frutuoso en Compostela sexan non soamente xa as máis útiles, fermosas, desnudas e orixinariamente cristianas entre as posibles senón tamén unha das máis requintadas manifestacións da nosa cultura tradicional. Pode que sexan xa tan dignas de peregrinación coma Santiago mesmo.
Por favor: non “matar o ruiseñor”.

RECENSIÓN DE FERNANDO ANDRADE
_________________________________
Don Andrés García Vilariño celebra habitualmente a Misa retransmitida en directo os domingos as dez dende San Frutuoso en Compostela pola TVG.

*Ante a perigosa ambigüidade da palabra “próximo”, non dubido en sustituila polo castelanismo “prójimo”, como por outra parte é frecuente entre linguas.
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES