Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maldita Palabra

lunes, 09 de septiembre de 2013
Son consciente de que a miña capacidade de análise sobre determinados asuntos -sexa polo que sexa- é sumamente simple.

Pois ben, dende esa simpleza ou -dito doutro xeito para que non soe tan autodespectivo- dende tal sinxeleza, eu nunca entendín cómo se pode regular dun xeito normativo -é dicir, lexislar- que unha vaca non poida dar máis de tantos litros de leite ó día. E, se por un casual durante algunha tempada se o animal se sente xeneroso e solta polos seus catro tetos máis leite có que o dono ten recoñecido na cota, con moita dolor de ubre por parte do propietario da explotación teralle que pechar a billa baixo risco de multa por sobre explotación.

Certamente, nunca entendín, nin entenderei, por máis que mo explique o comisario de agricultura da Unión Europea en sesión unipersoal e con traductor directo a sete idiomas, cómo nun mundo onde hai xente que morre de fame unha vaca non poida dar máis leite có regularmente establecido. Non vaia ser que por sentirse dadivosa tumbe a balanza comercial.

Véuseme á idea a fábula da vaca coas ubres pexadas cando lin o titular de apertura do xornal, que -por se non o lembra- dicía: 'Las bodegas del Ribeiro tienen 8,1 millones de litros de vino excedentario'. Explicando finalmente que a caída do consumo, xunto co aumento da producción, dificulta a recollida de toda a colleita e ameaza con baixar o prezo da uva.

E véuseme a idea a vaca porque no fondo, a cuestión que latexa neste caso é exactamente a mesma. É dicir, cando unha boa colleita debería ser unha excelente noticia porque os colleiteiros, as adegas expendedoras, os restaurantes e demais intermediarios terían máis producto para vender e, polo tanto, máis oportunidade de engordar a caixa, paradoxicamente resulta que se converte nun grave problema que, polo que lin, incluso poder provocar nas próximas semanas manifestacións.

Sinceramente -e disimúleme a simpleza, benquerido lector-, ¡non-o-en-ten-do! E non o entendo porque hai anos falando cun restaurador veciño meu que conta cun bo restaurante en Manhattan, pregunteille por qué non promovían o viño do Ribeiro alí, ó que el me contestou algo así como: '!Quen nos dera...! Fariámolo encantados, pero, quen nos garante a producción?. Porque, ó principio está moi ben, dáslle a probar unha marca a un cliente e cando se afae ó seu sabor teslle que acabar dicindo que a colleita rematou... E logo venderlle un de California'

Se vai haber unha abondosa colleita, o problema será entón -digo eu- conseguir novos mercados onde poder vender un producto que -iso está fóra de toda dúbida- é bo.

É dicir, un problema de comercialización. Maldita palabra para esta nosa pequena civilización.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES