Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Capitán Besteiro

lunes, 09 de septiembre de 2013
Parecía que estaba claro pero tiveron que celebrarse as eleccións internas no PSOE galego para que a maioría dixese que Besteiro era quen ía capitanear as tropas e aos simpatizantes desta forza política nos próximos tempos.

Besteiro ten o poder na provincia de Lugo, co apoio – e a hipoteca- do Bng nunha alianza que funciona sen chirridos nin problemas que asomen ao exterior. Ten simpatías, formación, boa presencia, don de xentes... fala ben, é avogado, e resulta ser un valor en alza dentro dun partido necesitado dun punto de referencia firme para poder aglutinar, ilusionar, asomar a cabeza dun xeito digno e poder competir con seguridade nas próximas confrontacións electorais.

Está ben eso de que os partidos organicen competicións internas que teñen unha gran repercusión externa. A situación política anímase, a democracia avanza un paso, e a renovación de cargos producese con fluidez, sen trauma aparente, como un xogo (político) no que todos os dunha forza política poden facerse escoitar, e senten que a democracia é cousa de todos.

Parece que a historia remata aquí, e non é verdade. A historia do novo tempo do PSOE en Galicia empeza precisamente con esta elección directa, e o PSOE bota a andar co paso de Besteiro, coa influencia dos afiliados lucenses, coa necesidade de que o gañador se signifique, e coa urxencia de que Galicia saiba que o PSOE está aí, vivo, útil, imprescindible para a nosa sociedade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES