Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Éxtase cinematográfica

lunes, 09 de septiembre de 2013
As posturas que Jador Sánchez Martín adoita poñer cando ve unha película na súa casa son merecentes dun comentario. En principio, a súa postura no sofá é normal, como a de calquera ser humano que se tomba para ver unha película nunha noite de inverno, coa súa mantiña nos pés e arroupadiño ata a meixela.

Pero Jador Sánchez Martín transforma as posturas coas súas mans. Tal como as teña, tal como as coloque ó iniciar a película, aí se botan durante toda a proxección. Se ó iniciar a película unha man súa colle por exemplo o seu nariz, pois o pobre nariz non ten escapatoria ata a conclusión ou ata o descanso.

Se o dedo polgar ou matapiollos o mete entre os outros e aperta o puño, aí queda prisioneiro tempo e tempo. A iso chámaselle éxtase cinematográfica.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES