Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medrade e multiplicádevos

viernes, 06 de septiembre de 2013
A petición chéganos desde as profundidades da historia e da lenda, atribuíndoselle a Deus que pide á raza humana nos seus primeiros momentos que medre, se multiplique, e chegue a poboar a terra.

Globalmente, a petición está correspondida pola evolución humana xa que miles de millóns de persoas ateigan os continentes desde mundo, en proporción diversa segundo as posibilidades, as condicións de vida e outros moitos factores.

A Xunta de Galicia parece que vai facernos aos galegos unha petición, versión moderna da petición bíblica, para que as parellas galegas en idade axeitada teñan fillos, máis fillos, para conseguir que este país non desapareza por consunción diante do paulatino envellecemento da nosa poboación.

Os cantos ao sol parecen ser procedementos habituais en todos os
gobernos que aspiran a que os seus gobernados se conduzan de xeitos determinados para conseguir o que eles non son capaces de promover mediante accións de goberno.

Coa que está caendo, pedir que unha parella teña fillos, ou teña máis fillos, aínda que se faga ou se vaia facer coa boca pequena, é non saber o que está ocorrendo na rúa, na nosa sociedade, entre a nosa xente.

Hai que ser un heroe para que, nesta situación, unha parella decida constituir unha familia e contribuir á renovación social para que as estatísticas se cumpran en canto a orixinar descendencia.

Así que medrade, multiplicádevos e poboade (repoboade) Galicia pode ser unha boa campaña publicitaria, pero alguén do goberno debería darse conta de que só con iso están facendo o ridículo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES