Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Baltar, dez anos

jueves, 05 de septiembre de 2013
Baltar gobernou Ourense desde a Deputación Provincial paternalmente, políticamente, personalmente.

Elección tras elección conseguía sobresaír, saír elixido, encantar aos electores, xa fose falando, xestual ou musicalmente. O resultado foi un período baltariano no goberno ourensán que ata chegou ao nomeamento de sucesor na persoa do seu fillo, que actualmente ostenta o cargo que tivo seu pai.

Baltar foise, considerando que os tempos xa non eran tan propicios, en evitación de maiores males, tendo en conta a idade, o panorama, a situación.

E agora que xa non está é cando pode ter problemas legais xa que a fiscalía atribúelle un delito continuado de prevaricación polo que lle pedirá dez anos de inhabilitación, que a estas alturas cabe supoñer que ao que xa é expolítico non lle importará demasiado.

Baltar retirouse voluntariamente da política. Está xubilado como profesor e como político. A estas alturas da vida, dez anos sen poder desempeñar emprego ou cargo público posiblemente non lle quite o sono.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES