Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Devoción popular no Santuario do S. Adrián de Goiriz, Vilalba (Lugo) (IV)

lunes, 12 de septiembre de 2005
Devocin popular no Santuario do S. Adrin de Goiriz, Vilalba (Lugo) (IV) B.- Ademais dos rituais descritos os devotos levan a cabo outra serie de promesas que sinalo a continuación:

1.- As misas
Algúns devotos cumpren esta ofrenda que o crego da freguesía á que pertence o santuario encárgase de celebrar no transcurso do ano.
No ano 1996 os devotos ofreceron unhas cincuenta misas. O seu custo foi de mil ptas.

2.- A ofrenda en metálico
Esta ofrenda amosa os seguintes xeitos:
2.1.- Ó poñe-lo santo, xa que os devotos deixan unha esmola ó poñente.
2.2.- No transcurso das misas que se ofician no santuario nos días da súa festividade.
2.3.- Nos cepillos da esmola que hai no santuario

3.- Algunhas candeas da mesma altura cá do ofrendante e candeas pequenas e grosas ("velons") que se colocan a carón dun lampadario que hai no lado dereito da capela.

4.- Os exvotos de cera
Os exvotos representan a unha serie de animais: eguas, cabalos, vacas e cochos, así como o corpo humano e algunhas das súas partes: pernas, brazos, mans, pés... Estes exvotos son levados ó santuario polos devotos en testemuña do seu agradecemento pola influencia benéfica que o S. Adrián exerce na cura das doenzas humanas e animais ou para pregar a súa protección no curso da vida.
No Museo de Pontevedra hai unha serie de terracotas procedentes do santuario itálico de Calvi, situado na Campania. Neste santuario dedicáronse moitos exvotos ós deuses itálicos durante varios séculos. Destacan as cabezas de homes e mulleres, algúns animais -vacas, cochos-. A maioría destas terracotas, feitas con molde, estiveron policromadas, sendo interesante comprobar a súa semellanza cos exvotos de cera que aínda se ofrecen en bastantes santuarios (39).

5.- A ofrenda en especie
Algúns devotos seguen ofrecendo unllas, queixos, cacheiras..., que ó rematar os oficios relixiosos van a ser poxados por un fregués da parroquia a carón do santuario. Este pon un prezo de saída ó producto que se vai poxar, a partir do cal as distintas persoas que participan na poxa van ofrecendo diferentes cantidades polo producto, ata que ninguén ofrece máis, obtendo o producto a persoa que fixo a derradeira oferta. Este proceso vaise continuar con tódolos demais productos que se sacan "a poxa". "Hai un cocho donado por un feligrés do barrio de Terrío que vai ser subastado despois dos actos relixiosos. También hai cacheiras, queixos, uñas, que también son subastados" (40).

Bastantes persoas acoden á poxa mostrando un gran interese por obter algún producto que tivo relación coa imaxe sagrada do santuario. "En muchos de los santuarios estas ofrendas en especie se venden en subasta pública... los devotos muestran gran interés en comprarlas porque su contacto con los santos las ha convertido en reliquias" (41).
Este tipo de ofrenda sigue usándose nalgúns santuarios galegos, noutros do estado español. Tamén nalgúns europeos: "En Portugal...las ofrendas son simple acumulación de productos corrientes de producción local...Todos estos productos son vendidos en subasta al final del dia. En Bretaña todas las ofrendas en especie se subastan el día de la peregrinación o después de la misa dominical..." (42)

BIBLIOGRAFÍA
39.- BLANCO PRADO, José Manuel.: Ob. cit., 1996, pp. 47-48.
40.- Informante do barrio de Terrío (S. Adrián- Goiriz).
41.- MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.: Ob. cit., p. 277.
42.- Ibidem, p. 278.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES