Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manuel María e o mar de Foz

jueves, 05 de septiembre de 2013
(Na inauguración da Casa-Museo do poeta)

Coida un que o mar de Manuel María – coma o de Leiras Pulpeiro ou o de Cunqueiro—é o mar de Foz. Ambolos tres tiñan o mar ao norde, e a chaira luguesa e o val de Mondoñedo, en Foz, a saída natural ó mar.

Un garda, na sua memoria de rapaz, a lembranza dos labregos chairegos que por estas datas, tralas duras faenas do campo que impuñan a sega, a malla e demais, chegaban ao mar de Foz, a repoñer os seus corpos esgotados de tanta loita, cos nove baños preceptivos e os días de vagar. Eran os chairegos de Manuel María que por uns días abandonaban a tribo para acudir cada ano á reparadora visita do seu mar...

Acaso non poda decirse que o poeta tivese amores co mar; os seus amoríos eran mais íntimos, mais próximos; daí que a sua lira vibrase con mais emoción ante a presencia do minúsculo regato do Cepelo ou, noutra dimensión, co pai Miño.“ un río de luz, polo que algún día habemos navegar. “O mar –decía él—é moi grande e eu moi pequeniño”.

Tal evidencia non significa que o vate non fose sensible á realidade maxestuosa do mar, chegando a identificalo co home: “Nós somos mar. Estamos rodeados, cinguidos polo mar” e mesmo a amosar a inquedanza pola problemática social; e fala das “noites de trebón/ que fan naufragar/ a embarcación”, así como da exigua soldada do traballador: “... ao ver o precio do peixe/ é xusto que me queixe/ que non coide normal/ o diñeiro/ que o mariñeiro/ percibe de xornal.”

Manuel María foi un asiduo visitante do mar de Foz, ao que cantou en versos florecidos na sua louvanza:
O mar de Foz, amiga, de ronseles floridos
Polo que navegan os versos mais belidos.
Eu a navegar.
O mar de Foz, amiga, de gaivotas e navíos
Leva por mareas os soños mais esguios.
Eu a navegar.

O mar de Foz, amiga, o mar dos mariñeiros
Ten camiños de gozo e camiños tristeiros.
Eu a navegar
I-z ría de Foz,,amiga, ¡qué leda muiñeira,
Si a brisa a navega, cantadora e lixeira!

Eu a navegar
Tan soio no meu mar!.
Viviu Manuel María as emotivas festas mariñeiras da Virxe do Carme, das que foi pregoeiro; e no relato “Cando o mar foi polo río”, levou ó protagonista, Manuel de Paderna, ás festas do San Lourenzo, e a tomar os baños na praia da Rapadoira..

O poeta de terra adentro deixou na beiramar focega, anclada, proa ó Cantábrico, a súa nao mariñeira : a Casa da Cultura que leva o seu nome.
Un cre firmemente que o de Foz, foi – coma para Leiras ou Cunqueiro – o mar de Manuel María.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES