Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cara ao outono

lunes, 02 de septiembre de 2013
Entramos en setembro, e aínda que non notemos fortemente a transición, a tradición e o calendario encárganse de poñer de manifesto a transcendencia destes primeiros días nun outono caluroso – todos os outonos se anuncian quentes- coma o que imos vivir.

Os outonos son duros aínda que só sexa polo contraste que supón aos veraneantes pasar da ficción de xullo e agosto ás realidades crudas do comezo do curso, a volta ao traballo (para os que aínda o teñen), ás hipotecas (que cada vez son menos porque a ver quen se atreve a pedilas); aos axustes (que Bruselas insiste en que hai que seguir facéndoos e rematalos antes de fin de ano); en fin, á realidade nosa de cada día, que se presenta coa oscuridade propia do tempo outonal.

Setembro cóllenos case desprevenidos porque durante agosto deixámonos ir acariñados polo bo tempo, polas noticias de sempre, pola inacción política e económica, polo descanso da administración. E aínda que hai políticos que non colleron descanso, e algún que xa volveu hai días, hai que fixar no día de hoxe o punto de partida para este novo tempo, no que hai tantos temas pendentes que ninguén sabe por cal decidirse.

Non é menor o de Nova caixa Galicia, que o Goberno parece decidido a vender, que os cataláns queren mercar, que outras entidades están agazapadas agardando para botarlle a man, e que os fondos de investimento de fóra coidan ter moito que dicir sobre o tema. O Goberno contempla todo menos conservar a propiedade en Galicia, buscar solución para non perder o control dunha entidade vital para a nosa economía ou, postos a soñar, hai quen soña que podería ser o xermolo dun Banco Oficial de Galicia, para impulsar a riqueza e a economía do país.

Que setembro nos colla preparados – “confesados”- que boa falla nos fai. Vai ser duro, pero pretendendo ser optimistas, e a falla de maiores elementos de apoio, afinquemos as nosas esperanzas nesa melloría que segundo algunha entidade bancaria das importantes e os políticos do goberno aparece nas macrocifras da economía, nas cifras do paro, e no optimismo que en todo gobernante ven incluido de serie.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES