Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sen vacacións

miércoles, 28 de agosto de 2013
Houbo un tempo que sabíamos que tiñamos dereito a vacacións fóra do domicilio habitual, por pura dinámica social. E a maioría dos traballadores podía permitirse, dun ou doutro xeito – hotel, aluguer ou en propiedade- residir uns días fóra do domicilio habitual.

Sen pararnos en cifras podemos dicir que era moi importante para a saúde e para o turismo esta itinerancia vacacional, concretada especialmente no desplazamento das xentes do interior cara á costa, pero tamén da costa cara a un interior cada vez máis valorado e cheo de atractivos.

Unha enquisa de Sondaxe que ten publicado a Voz de Galicia acredita que case o setenta e tres por cento dos galegos pasará as vacacións na súa casa, co que evidencian recortes nas súas posibilidade e conseguinte recorte no consumo que puidesen facer nos lugares onde adoitaban veranear.

O tema parece especialmente importante en Galicia onde os desplazamentos necesarios son curtos, o nivel de vida de tipo medio, e os custos non demasiado elevados entre as zonas turísticas e as de procedencia do turismo interior. É, polo tanto, un problema económico, problema real ou sicolóxico, que aconsella quedarse no propio domicilio e non cumprir con esa tendencia anual de tomar vacacións en lugares diferentes do domicilio habitual.

Que o setenta e tres por cento dos galegos escolla quedarse sen vacacións, ou alomenos sen vacacións fóra do seu domicilio habitual, é unha mala nova para os que non viaxarán e para os que os agardaban. Porque o turismo non só é movemento social e cultural senón –e de xeito especial- económico . E ese movemento, ese recurso, este ano, está fortemente minorado, agardando por mellores tempos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania