Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

III Invasión normanda

lunes, 26 de agosto de 2013
A III Invasión Normanda, que o vindeiro fin de semana se escenifica na ría de Foz, fai que as sirenas dos asteleiros chamen a zafarrancho e se detecte unha febril actividade arranxando novas unidades, para unha eficaz loita fronte ó inimigo. A recua de operarios estuda as innovacións que o departamento de I+D, de Construccións Navais Normandas (CNN), dirixen os avezados enxeñeiros, de ascendencia grega, Carolus Nierensis, Gran Duque de Polonia, e Petrus Daurelius. O plantel de talleres fixo un curso intensivo das novas técnoloxías, pois pretenden desbancar á ata a dagora superioridade diviña de San Gonzalo.

Xentes con poder de inventiva, que tras longas xornadas de estudo, análise e comprobacións , lograron grandes avances na aplicación de tradicionais métodos de traballo, mellorando o rendemento de serruchos, garlopas, trinchas e demais elementos usados de vello na vetusta carpinteiría de ribeira, onde se construían as mais intrépidas naos que cruzabann os mares.

Tralos estudos e debates, os técnicos optaron polo modelo de embarcación “Drakkar”, termo que equival a “dragón” pois a miúdo o mascarón de proa luce a cabeza dunha destas bestas fabulosas, e que pola construcción armónica i equilibrada resulta o modelo idóneo para navegar polo Cantábrico.

A donosura e beleza da súa liña, o incremento de unidades da flota atacante, o cromático corido da esbelta escuadra fan que sexan multitude as xentes que acuden ás instalacións asteleiras para ollar a engaiolante obra que vai facer que a III Invasión Normanda quede para a posteridade como ” a meirande ocasión que viron os séculos”, como Cervantes, que non coñecía o Desembarco de Foz, dixo da batalla de Lepanto…O feito histórico/lendario, cuxo eco resoa baixo as bóvedas milenarias da basílica de San Martiño, adobado cos elementos lúdicos, folclóricos e gastronómicos que o distinguen, está chamado a brilar no firmamento festivo como o maior espectáculo naval do norte de Galicia, para que as vindeiras xeracións non perdan memoria do acontecido.…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES