Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sol: Querido irmán!

jueves, 22 de agosto de 2013
Un irmán está sempre ó teu lado:
-Para darche luz.
-Para darche calor.
-Para darche vida.
-Para darche o que necesites...

Un irmán está sempre contigo aínda que por veces pareza estar escondido.

Un irmán ilumínate nos teus momentos escuros, para que fagas aquelo que máis che convén.

Nos ollos dun irmán encontras calidez.

Un irmán dáche vida.

Un irmán...

É moi problable que vostede conte coa axuda dun ou de varios irmáns desta talla polo que sabe moi ben o que significa esta palabra.

Tamén é probable que non teña irmáns, ou que os seus irmáns sexan doutra maneira. Todo é posible...

Pero, neste momento, non se preocupe polos seus irmáns de sangue, nin polos irmáns de fe, nin polos irmáns de raza...

Non, non. O meu pensamento non vai por aí.

Non está na miña intención meterme na vida de familia.

Xa di o refrán:
“Entre pais, fillos e irmáns, non méta-las mans”

Hoxe quero falar dun irmán:

-Común a tódolos humanos.
-Común a tódolos animais.
-Común a tódalas plantas.
-Común a tódolos seres vivos.
-Común a todos e a todo:

O NOSO IRMÁN “ SOL”

Vostede e máis eu xunto con tódolos seres vivos temos un gran irmán, un irmán de verdade, un irmán que nunca nos abandoa:”O SOL”

1.- O NOSO IRMÁN SOL DÁNOS LUZ:

-Luz natural abundante e gratuita para que fagamos uso dela durante as horas do día nas que desenvolvemos a maioría das nosas actividades.

-O noso irmán SOL é moi madrugador e ten un poder máxico: ata desperta ás galiñas e fai cantar ós galos.
Si, si... Os galos son os despertadores máis madrugadores que nos alegran a vida ás persoas do rural en canto se asoma polo horizonte o noso irmanciño SOL.

Cantan algo así:

¡“Qui-qui-ri-quíííí...”!
¡“Qui-qui-ri-quíííí...”!
¡“Qui-qui-ri-quíííí...”!

Así varias veces ata que consiguen despertarnos

-O SOL fai despreguizarse ás plantas e ás flores que se acurrucan pola noite.

-O SOL entra pola regandixas das cortes e dos cortellos para despertar o gando nas casas dos labregos e nas granxas.

-O SOL desperta ós humanos cando se asoma polas ventás dos nosos dormitorios.

-O SOL asómase timidamente polas fábricas que teñen xornada nocturna para anunciar ó persoal laboral, o remate da mesma.

-O SOL é a única luz natural e gratuita que está aí desde que o mundo é mundo.

Alumea, alumea e volve a alumear incesantemente, un día e outro día, un ano e outro ano, un século e outro século; para iluminar a vida dos seres vivos por tempo indefinido.

-O SOL DÁ BRILLO A TODO CANTO ILUMINA.

-O SOL, unhas veces alumea máis e outras menos según a estación do ano ou a latitude da cada país, marcando así un tempo para cada cousa.

-O SOL É MOI SABIO.

-O SOL MARCA, en boa medida, O NOSO RITMO DE VIDA.

2.- O NOSO IRMÁN SOL DÁNOS CALOR:

Por veces dámos moita calor para decirnos, entre outras moitas cosas:

-Que xa é tempo de verán.

-Que xa medran as colleitas.

-Que xa é tempo de vacacións para os que as poden disfrutar.

-Que xa é tempo de botar unha siesta antes de reanuda-la xornada de tarde.

-Que xa é tempo de disfrutar da irmá AUGA: na bañeira, na ducha, no río, na piscina, no mar....

-Que xa é tempo de negocio para a industria turística e para outras moitas industrias de temporada.

O SOL quenta os nosos ósos favorecendo deste modo a formación da vitamina D tan necesaria para o esqueleto de tódolos seres vertebrados, entre os que nos encontramos os humanos.
Quenta as nosas casa de forma natural e tamén de forma artificial grazas ás placas que funcionan con enerxía solar.

O SOL dános vida a tódolos seres vivos e ilumina tamén ós inertes.

O IRMÁN SOL É MOITO IRMÁN: ESTÁ EN TODO.


3.- O NOSO IRMÁN SOL DÁNOS VIDA.

Grazas a el fan a fotosíntese tódalas plantas desde as dos cumes máis elevados ata as das profundidades mariñas, sen esquecer as dos fértiles vales que nos fornecen de abundantes e variados alimento vexetais.

Todos sabemos a importancia da vida.

Sen vida non seríamos nada, nin siquiera existiríamos.

Se nos faltara o sol, morreríamos conxelados

Por eso penséi que o SOL É COMO UN IRMÁN.

Un irmán, UN IRMÁN CON LETRAS MAIÚSCULAS.

O SOL tamén dá vida á economía:

-Grazas ó sol, móvense moitos fíos da economía dun país cando este está ben situado como é o caso de España.

-Grazas ó sol, tódolos veráns, son millóns e millóns de persoas as que se moven cara a lugares de veraneo, xerando deste xeito unha boa fonte de ingresos para a industría turística dun país así como tempo de lecer para as persoas.

-O irmán SOL ten moito poder sobre a vida en xeral e incluso, sobre o noso estado de ánimo.

CANDO QUENTA O SOL:

-Estamos máis alegres.

-Temos menos dores.

-Saímos máis da casa.

-Atrevémonos a viaxar máis.

-Imos a visitar amigos de lugares máis ou menos lonxanos.

-Incluso visitamos con máis frecuencia países extranxeiros...

-Celebramos a maioría das festas patronais.

-Os nenos xogan no campo, na rúa, na praia, nos campamentos...

-Os adolescentes aproveitan o verán para facer novas amistades e para “filtrear”

-Os enamorados abrázanse nos parques e nas praias.

-As familias saen ó campo, á praia...

-Uns máis e outros menos, todos collemos cor, cor de saúde, cor morena, cor de bronceado...

-O SOL é o alimento dos pobres.

O SOL favorece a comunicación entre as persoas ben sexa poa razón de negocios, por razóns familiares, por razóns turísticas ou por outras...

O SOL ORDENA E MANDA.

O Sol non fai distincións, pero tamén é certo que non quenta a gusto de todos.
Depende das circunstancias de cada persoa.

-Unhas persoas disfrutan del a tope facendo unhas vacacións ó seu gusto.

-Outras aproveitan para gañarse a vida con suor, traballando para os ós que disfrutan das vacacións.

-Outras...

-Cadaquén fai o seu agosto, según as súas circunstancias

Pero en calquera caso podemos concluír que o sol é o noso QUERIDO IRMÁN:

-Que nos dá luz para iluminar todo o que hai na natureza.

-Que nosa dá calor para que medre todo o que precisamos para a nosa subsistencia.

-Que nos dá vida para que sexamos felices disfrutando de toda a Creación.


¿E que dicir dalgúns dos alimentos máis mimados polo sol?

¿Qué dicir dunha ensalada mixta feita con leituga, tomate, pimento, cebola, pepino, pementos, aceitunas, etc, etc..?

¿Qué decir dunha ensaladilla rusa nun día de sol radiante?

¿Qué decir dun vaso de auga fresca nun día de calor cando notas que estás a punto de deshidratarte?

¿E unha bebida refrescante tomada en boa compañía nun día de verán?
¿E tantas e tantas froitas da época: melocotóns, fatóns, peras limoeiras, paraguayos, sandías, melóns, cereixas, laudias, fresas...?

¿E que lle parece o sol do inverno?

¿A que se agradece?

¿E se a vostede lle din que É UN SOL DE INVERNO?

Mellor que mellor...

¿Ou se sencillamente lle din que É UN SOL?

Tamén vale.

Son innumerables os beneficos do IRMÁN SOL.

¿A QUE SI?

Como pode observar , eu son unha desas persoas que disfruta moito do sol, dos alimentos da época estival, das boas compañías e de todo en xeral.

Todas estas cousiñas, para min, son unha gozada.
Por eso quixen compartir este gozo con vostede.

¡DISFRUTE DO IRMÁN SOL E DOS SEUS INNUMERABLES BENEFICOS Á MEDIDA DO SEU DESEXO!

¡E POR MOITOS, MOITOS ANOS!

Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES