Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manu Chao e Marijuana

miércoles, 21 de agosto de 2013
Depende como se pronuncie. Pero eu coido ter escoitado a manu Chao – francés con antecedentes vilalbeses- cantar que lle gusta “Marijuana” sen que lle pase nada, porque supoño que se trata dunha droga blanda. E nestas drogas os entendidos non se poñen totalmente de acordo de si é esencial prohibilas, co que esto ten de comercio ilegal e delictivo, ou abrir a man para que alomenos – os que consumen, que consuman- non haxa delictos relacionados co tema.

Por se alguén se anima, que saiba que está prohibido o cultivo desta planta suponse que tamén ornamental, e unha muller de nacionalidade holandesa foi posta a disposición xudicial despois de que a Garda Civil atopase nas inmediacions da súa vivenda unha plantación – 40 plantas- de marihuana. Supoño que pola cantidade non pode argüír que son para consumo propio, aínda que iso depende do consumo de cada quen.

O curioso da cuestión é que esta aprehensión efectuouse no concello lucense de Negueira de Muñiz, onde hai unha comuna desde hai moitos, moitos anos.

Posiblemente as comunas non sexan o que eran, pero a pura mención desa anárquica – ou non – institución, fala de liberdade absoluta, de relacións sen ataduras, de disfrute comunitario de todas –todas- as posesións, e uso e disfrute de algún que outro alucinóxeno para facer máis levadeira unha existencia que se supón complicada e difícil especialmente polo lonxano e aillado do territorio.

Cada vez que se desmantela unha instalación productora de droga – especialmente se son corenta plantas de marihuana- un non pode evitar unha certa conmiseración, tolerancia, case comprensión, pola persoa que se vai do mundo habitado para vivir unha existencia de liberdade – en tempos, eso sería libertinaxe – pero sen poder desasirse de todo dos mecanismos legais dos que nos temos dotado.

Un comuneiro pode poñerse o mundo por monteira, disfrutar do amor libre e da propiedade comunal, cantar ao sol cada día esquecendo que o mundo non remata na beira do primeiro río que se atope, pero non pode plantar marihuana porque está prohibido legalmente.

Calquera día, algún espabilado aínda ha multar a Manu Chao por propaganda ilegal.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES