Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Emprego tampouco ten idea

martes, 13 de agosto de 2013
Donde dicimos “Emprego”, dicimos o Ministerio de Traballo de toda a vida, que pretenden o mesmo chamándose como se chamen, e conseguen o mesmo porque o feito de que exista emprego non depende dun ministerio.

Pretender que alguén denuncie anónimamente a existencia de fraude é fomentar a cobardía, o tirar a pedra e esconder a man. Porque as denuncias de toda a vida son as que se asinan con nome e apelidos, con dni ou cif, con valentía e con razón.

A estas altura desta película de misterio – case de terror- que un ministerio pretenda utilizar denuncias e denunciantes anónimos evidencia que os que nos gobernan non saben de que vai, e se o saben é peor.

Neste tempo do “sálvese quen poida” pretender que se denuncie o pequeno chanchullo, os cartos en negro dun autónomo que non chega a selo, o desaxuste dun contrato laboral non é iso de matar as moscas a cañonazos, é pretender que as moscas disparen co cañón.

Non teñen centos de inspectores que se reforzan para facer máis visible a súa presenza?. Pois fáganos traballar, e déixense de insultos á intelixencia, porque as denuncias anónimas son iso ou algo moito peor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES