Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O tren

sábado, 10 de agosto de 2013
Neste mirar atrás permanente no que vivimos, ben mellor era prestar atención á letra da vella canción de Andrés Dobarro que ter que atender ao actual panorama informativo en relación co tren en Galicia.

Sorprende - ou non tanto - o tácito acordo entre os dous partidos maioritarios de non facer máis sangue dun tema tan problemático políticamente, xa que calquera expresión fóra de tono se pode volver na contra do que o profire dada a alternancia das gobernacións e responsabilidades.

A estas alturas da traxedia, ninguén ousa falar de responsabilidades, aínda que si de carencias; non hai unha sóa causa senón unha concatenación de circunstancias; e ninguén quere ser pai da morte e da derrota.

Que vaiamos aprender da tremenda experiencia que a sociedade sufríu non vai mitigar a dor dos famliares nin lle devolverá a vida aos falecidos. Mesmo é posible que non console a ninguén porque será remediar a posteriori o que se podería ter amañado - ou non - en tempo e forma.

Sufren os familiares, sufriron os que xa non están entre nós, sufren os feridos, sufre a sociedade de xeito desgarrador... sufren os intereses dos que teñen relación económica ou institucional co tema; sufren politicamente os responsables administrativos e de goberno. A traxedia orixinou un tremendo sufrimento colectivo, que ha tardar moito tempo en mitigarse porque esto non se pode amañar con comisións informativas, investigacións, petición de responsabilidades ou medidas a posteriori.

A traxedia de Angrois será por moito tempo a demostración palpable da fraxilidade dos medios que utilizamos, das organizacións das que nos dotamos, da imprevisibilidade dos imponderables. E só a reacción humana, popular ou organizada, axuda a mitigar a dor e o espanto.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES