Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cregas, non

martes, 06 de agosto de 2013
Cregos, si, seguiraos habendo, dependendo das vocacións autóctonas e da importación correspondente, que xa é importante a inmigración relixiosa en tempos de aparente seca galega e hispana de servidores de Deus e da Igrexa. Pero cregas, non.

Moito se agardaba e se agarda deste Papa Francisco, que conserva costumes dos tempos que foi libre, que segue a usar o teléfono móvil para conversar cos seus amigos, e que ven traer aire novo, xeitos novos, tempos novos, para unha institución bimilenaria coa que case todos temos algún tipo de relación.

Sabido é que cando un cardeal chega a Papa ten que loitar contra todas as adversidades entre as que non é a máis pequena o aparato da curia vaticana, que ten a súa marcha, as súas reglas, o seu “tempo”. E enfrascado nesa loita, na que case todos resultan absorbidos polo sistema, non se poden – non se deben – agardar cambios revolucionarios, como podía ser que as mulleres puidesen ser ordeadas ministras da Igrexa.

O Papa xa deixou claro que non ía ser posible que as mulleres fosen cregas aínda que recoñece que hai que redefinir o seu papel dentro da Igrexa. Redefinilo si, pero non nos engañemos. O de que teñamos cregas, por agora non toca, o que representa unha ocasión perdida para renovar a Igrexa nun aspecto ben importante, vital.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES