Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz, "Vila"

lunes, 05 de agosto de 2013
O día 6 do actual cómprense 125 anos da decraración oficial de Foz como “Vila”. Foi unha concesión que a Raíña rexente, María Cristina fixo ó noso pobo. O Gobernador Civil comunicaba a nova deste xeito ó concello:“El Exmo. Sr. Ministro de la Gobernación, con fecha 7 del actual, me dice lo que sigue: La Reyna Regente del Reyno, en nombre de S.M. el Rey (Q.D.G.) se ha dignado expedir por este Ministerio el R.D. siguiente: “Queriendo dar una prueba de mi Real aprecio al pueblo de Foz, provincia de Lugo, por el aumento de su población, desarrollo de su agricultura, industria y comercio y su constante adhesión a la Monarquía, en nombre de mi Augusto hijo el Rey Alfonso XIII y como Reyna Regente del Reyno, vengo en concederle el título de Villa. Dado en San Sebastián a 6 de agosto de 1888. María Cristina. El Ministro de Gobernación, Segismundo Moret”,

Dende o ano 1845 a familia Real pasaba os veráns en San Sebastián, e polo tanto a acción de goberno trasladábase a aquela cidade; precisamente este feito marcou o despegue turístico da mesma pois aínda naqueles tempos de tan precarios medios de comunicación, era incesante a chegada de personalidades do estado e do extranxeiro para despachar coa realeza e co goberno español.

Decidido pola familia Real fixar para a tempada estival a residencia naquela cidade norteña, ó seguinte ano - 1889 - iniciáronse as obras de construcción do fermosísimo Palacio de Miramar – de estilo inglés - que acollería cada verán a todo o séquito, e dende hai anos motivo de visita para cantos turistas chegan a ela. A edificación do mesmo durou catro anos.

A singular beleza do lugar non só ven definida polo artístico edificio, senon tamén polos cuidados xardíns que o arrodean, formando a chamada “área romántica”.

Os focegos “acogieron tan fausta nueva – a de título de Vila - con indescriptible satisfacción y entusiasmo general por el vecindario y parroquias… “

Houbo na igrexa un Te Deum de gracias, ó que asistiron autoridades, representacións e veciños e tamén outros “festejos cívicos”. Descoñecemos en qué consistiron éstes, pero sí sabemos o que se gastou neles: 70 pesetas.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES