Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gurméndez e Concepción Arenal

viernes, 26 de julio de 2013
Gurmndez e Concepcin Arenal Conformarían, sen dúbida, un bo tándem para pedalear xuntos na mesma dirección, cousa que farían de non mediar moitos anos entre eles. Do que tamén estou seguro é que Gurméndez estaría encantado de que Concepción Arenal fose o eixe central dun dos cursos de verán que leva o nome do insigne filósofo dos sentimentos e das paixóns.

Ambos empregaron ímprobos esforzos na defensa dos conceptos que teñen que ver coa igualdade e a liberdade. Concepción Arenal nun contexto social difícil, pois no século XlX non era nada doado promulgar ideas que ían noutra dirección ao estatus establecido, e Gurméndez nun tempo no que a igualdade e a liberdade pasaron a formar parte dos dereitos fundamentais na nosa Constitución, si, pero que non se respectan hoxe nin de lonxe. Basta repasar a relación deses dereitos e comprobar cantos se cumpren.

Concepción Arenal foi unha defensora das crases sociais menos favorecidas, de aí que se preocupase, por exemplo, das condicións nas que estaban os presos nas cárceres, denunciando a terrible situación pola que atravesaba o sistema carcerario nese tempo no que lle tocou vivir. Tamén ocupouse con afán da defensa das igualdades e dos dereitos, sobre todo os da muller que hai cen anos tan so figuraba coma unha propiedade do barón sen que contasen para nada as súas opinións nin as decisións que tiñan que ver coa familia.

No tempo no que viviu esta senlleira figura ferrolá, a muller tiña vetada a súa inclusión no mundo do coñecemento, tanto que ela mesma pasou por un sen fin de vicisitudes para ingresar na Facultade de Dereito na que acadou licenciatura. A partires de aí, empeñouse nunha loita constante na defensa duns ideais que posiblemente herdase do seu pai, significado liberal, opositor acérrimo do sistema absolutista dese nefasto rei que foi Fernando Vll.

Para ela a base estaba no coñecemento que era condición indispensable para achegarmos á xustiza social e a igualdade necesaria para acadar o benestar e o progreso.

Por iso agora, en tempos no que algúns políticos nos acusan de vivir por enriba das nosas posibilidades namentres eles encheron as faltriqueiras cobrando sobresoldos de dubidosa procedencia, agora cando o partido político que ten maioría e que sustenta ao goberno, forma corpo para impedir que o presidente dea explicacións á Cámara, representación do pobo chamado eufemisticamente soberano, sobre asuntos que teñen que ver coa súa honorabilidade, non me negarán que dedicarlle tres xornadas á vida e a obra dunha muller que hai máis de cen anos falaba de liberdade e igualdade coma conceptos que nos levan ao progreso, representa unha entrada de aire fresco nesta atmosfera na que agora respiramos e que, en certos aspectos, exhala un recendo a podre que tira para atrás.

“La miseria establece un bloqueo bien estrecho alrededor del miserable. ¿Que diferencia existe entre el que no halla que comprar y el que no tiene medios de comprar lo que halla?. Una tan solo: que para el primero tiene que ser mucho más fácil la resignación que para el segundo” (Memoria sobre la Igualdad, 1862. Concepción Arenal). ¿Vostedes cren que isto ten vixencia no século XXl? Pois iso.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES