Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Homilía de Xosé Manuel Carballo (II)

miércoles, 24 de julio de 2013
HOMILÍA DE XOSÉ MANUEL CARBALLO 14-7-2013 (II)

(Esta é a segunda parte da primeira homilia “dita”, a través da megafonía da orquestra, por Xosé Manuel Carballo na misa celebrada no campo da festa de Castro de Rei, con motivo das festas patronais, aos 24 días de ser operado de larinxe. Repoducímola porque algo lle pode dicir a calquera, pero, sobre todo, como exemplo de estímulo, de superación e de creatividade, utilizando as novas técnicas. En concreto un programa baixado de internet que converte o escrito en falado. Por ser un pouco longa publicámola en dúas partes).


... / ...
Non sei cándo volverei a falar de maneira que nos poidamos entender sen un caderno ou unha pizarra para escribir neles o que quero dicir. O día quince empecei a recibir leccións para empezar a falar. Pero, o verdadeiramente importante é que nos entendamos cando falamos, e máis cando estamos caladiños tamén. Que nos entendamos, incluso, cos ollos, sen reparo a mirarnos directamente a eles con limpeza.

Pero, pola contra, con ruindades, enfrontamentos , malas intencións e malicia, a vida só pode pagar a pena para os maliciosos e retortos. E nun ambiente así os bondadosos non terían nada que celebrar. Festexemos, logo, e celebremos todo o bo que hai entre nós. Gocemos, mentres podemos, das pequenas ou grandes alegrías que a vida nos depare.

Que non nos falten forzas, nin amigos, nin cariño, nin fe, nos momentos difíciles. Que contemos sempre co gran amigo, Xesucristo, quen, sendo home, soubo sufrir e gozar, e, sendo Deus, está a carón de nosoutros nos sufrimentos e nas alegrías.

Que San Xoán, que levou ún a vida dura e austera, sen reparos á hora de denunciar as corrupcións e inxustizas, aínda que o pagou caro pero atopou forza na fe, sexa por sempre o noso guieiro, e que hoxe e cada día sexa tamén noso intercesor.

Graciñas á comisión de festas, formada por Adriano e Cesáreo, sempre tan ben dispostos para todo o que teña que ver con Castro de Rei, como a malla, poñamos por caso, e grazas tamén a cantos e cantas colaboraron. Eles dixéronme que, a pesar de tanto loito como hai este ano nesta Vila, a colaboración foi moi boa. No seu nome, e tamén no meu,¡moitas grazas a todos cantos contribuíron dun xeito ou doutro!

Pero tamén parece que é lei de vida que sempre haxa polo medio algunha menudencia que descabarde dos demais, e creo que deixar de recordalo podería ser interpretado como que os facemos de menos. ¡Deus nos libre de tal! É unha sorte ter algún aproveitado que se serve do esforzo e dos cartos dos outros, por exemplo, para que haxa festa, ou para ter decente e limpo o cemiterio, no que teñen nicho grazas aos que se moveron para poder amplialo e aos que cederon gratuitamente terreos, ou para calquera outra iniciativa de carácter comunitario; pero iso si, sempre sen poñeren esas menudencias, antes, un peso, e agora, un euro. Volvo a afirmar que é unha sorte, porque así, non é necesario, á hora de renovar os censos de poboación, poñer quen é de aquí e quen só está aquí porque non ten outro sitio onde estar. Para dar facilidades neste labor e que non haxa dúbidas, acordamos, a final de ano facer pública a relación de colaboradores coa colectividade e de aproveitados da colectividade, diferenciando moi ben entre quen ao mellor non colabora un ano por despiste, pero faino habitualmente e quen non colabora nunca por principios inmutables.

Eu acúsome e pido perdón por vir poñendo freo a esta iniciativa que foi proposta por outros veciños desde xa hai anos; pero á fin caín na conta de que non darlles adiante a estas propostas convérteme en cómplice, non dos xenerosos, senón dos comenenciudos. Antes non me atrevía pero, agora si, porque, cando me operaron da gorxa, tamén aproveitaron para afeitarme de paso uns peliños que me naceran na lingua. Ben é certo tamén que en altas instancias clericais tense aconsellado deixar medrar os pelos da lingua “para no herir sentimientos” de quen non os ten. Como algún, poucos, deses comenenciudos con cara de cemento non está agora aquí, agradecería que, como sinal de boa veciñanza, calquera que se lle tercie lle dea o recado de parte miña, porque “a mi me prohibió la hija, por teléfono, hablar con sus papás” cando lle recordei a papá as cotas atrasadas.

Son consciente de que, coma San Xoán, estou falando con certa dureza, sen inventar nada que non sexa certo, pero que ninguén se confunda: non estou reñendo aos que estades, senón tendo un xusto recordo para os que non están, porque a súa filosofía de vida é non estar nunca onde están os demais. Pero tamén temos experimentado que os hai moi cucos, que para non pagar favores, póñense a mal cos que lle los fixeron.

Pero deixemos o que nos avinagra e volvamos ao que nos aleda.

Así que:
¡Boa festa! ¡Boa misa! ¡Boa procesión! ¡Bo xantar!

Moitas grazas tamén á orquestra por facilitarnos a amplificación para esta celebración nun templo tan maxestoso como é este souto. E particularmente agradézolles que puxesen altavoz á que, de momento, aínda non ten voz propia.

E ¡sigamos! Sigamos celebrando, que a vida non para. Proba diso é que tamén naceu algún neniño entre nós nestes últimos tempos. Felicidades ós seus, e a todos, xa que nos tempos de hoxe o nacemento dun neniño, ou dunha neniña nestes sitios pequenos é un regalo de Deus para todos.

Ata sempre. E Graciñas, unha vez máis.
Carballo, Xosé Manuel
Carballo, Xosé Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES