Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morrer pola casa

miércoles, 24 de julio de 2013
Chegan novas desde diversos puntos de España de mortes no momento en que se vai proceder a un desafiuzamento. Moradores dunha vivenda que prefiren morrer antes que deixala a unha entidade bancara, a un propietario, por non poder pagar unha amortización ou un aluguer.

Pero cando os feitos ocorren en Galicia parece que nos tocan máis directamente, pola inmediatez da traxedia, porque coñecemos lugares e situacións. E estes días houbo dous mortos – Arteixo e Poio- relacionados con este maldito trago que se sofre cando un ten que deixar o que ata ese momento considerou a súa casa.

É este un dos puntos máis aceirados do espiñoso panorama que presenta esta durísima crise que pecha empresas, anula postos de traballo, suprime xeitos de vivir, en aras de que as entidades macroeconómicas cadren as súas contas ou poidan obter os sempre cuantiosos beneficios.

É un síntoma tráxico dunha enfermidade que nos afecta a todos porque estas epidemias atacan globalmente ao corpo da sociedade aínda que se manifesten con maior virulencia nunhas persoas, nunhas situacións, determinadas.

Morrer pola casa é unha situación que ningunha sociedade debera tolerar. Como outras mortes – pouco a pouco, lentamente, perdendo capacidade de vivir- que cada día se van producindo no noso contorno. Non hai milagros en situacións coma esta, pero quen goberna ten que botar unha man polos que máis sofren agora e aquí.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES