Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Toleou a UNED?

martes, 23 de julio de 2013
Unha deputada do Bng denuncia que na Uned se usa un manual que recomenda non utilizar os topónimos oficiais de Galicia, polo que no estudo estarían vixentes Carballino e Arteijo, Puentes e La Coruña, Puebla del Caramiñal ou Villalba.

O feito foi descuberto por unha alumna de Comunicación Oral y Escrita en Lengua Española, onde se declaran incorrectos os topónimos galegos e se recomenda volver aos de antes, indicando que son as administracións públicas as que teñen que usar a toponima oficial, mentras que os particulares e os medios de comunicación deben pronuncialos como sempre se fixo.

Son gañas de meterse no que non lle corresponde nin á UNED nin a ningún outro centro educativo, que autoridades competentes hai para dictaminar como se chama un pobo, e como se recupera a tradición e a historia acomodando os nomes – a linguaxe en xeral – ao que é costume, feita lei polo transcurso do tempo e o recoñecemento da normativa vixente.

Sabendo que a UNED é unha universidade seria, hai que concluir que non toleou colectivamente senón que a tolemia ten que ser individual, precisamente de quen redactou e autorizou unha cousa así.

Pero non hai tolemia que non teña corrección, tentando a cura. Neste caso, agardemos que as autoridades competentes na materia tomen boa nota e procuren solución a este monumental desaxuste.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES