Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha uña peculiar

lunes, 22 de julio de 2013
Os dentes de Acacio Silveira Montero furgan na uña do seu dedo índice da man esquerda. Non ten nada que morder nela porque non é coma as outras; debido a unha ferida que tivera de rapaz cando meteu o dedo onde non debía. A máquina case lla arrincou de raíz.

O problema foi o case ese; que algo lle quedou no nacemento e non deixa saír por completo á uña nova. Esta non medra coma as outras e a parte vella si segue a crecer, polo que, de cando en vez, ten que arrincar a vella. Ás veces asoma o sangue e Acacio Silveira Montero amosa un xesto de dor, pero é a única forma que ten para que unha non cabalgue sobre a outra.

Agora mesmo está a furgar sobre un cachiño que aínda ten de uña vella. Pero tan só iso, furga, xa que é tan pequeniño que non consegue collelo cos dentes. Acacio Silveira Montero remata por contemplar o ceo e largar do banco no que estaba sentado.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES