Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Parados sen prestación

jueves, 18 de julio de 2013
Cada día se produce un peche e conseguinte pase ao paro dos traballadores dunha pequena ou mediana empresa. E aínda que cada día tamén se produce algunha contratación, o saldo diferencial sempre é negativo para o emprego, como é doado de notar cadaquén no seu contorno.

En Galicia, nestes momentos, hai preto de trescentos mil parados dos que se estima que gozan de cobertura, de protección, algo máis do sesenta por cento. O que quere dicir que arredor dun corenta por cento –máis de cen mil- carecen de todo tipo de protección.

Un parado sen percibir cantidade algunha non é un afectado, senón que cada quen é el e as súas circunstancias, así que falamos de máis de cen mil familias sen protección, e alomenos un cuarto de millón de persoas afectadas pola maior das carencias xa que nas súas casas non entra ningún ingreso.

O por que, ben o sabemos. O que non temos claro é como é posible que se siga vivindo, que unha familia se poida manter en pé nunha situación coma esta, sexa polas axudas familiares, a soliridade veciñal ou os apoios de entidades benéficas ou asistenciais. É todo un milagro este de vivir sen nada, e sen embargo hai que recurrir aos milagros para entender este tempo, e agardar porque a situación tenda a mellorar para evitar unha catástrofe social.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES