Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para entusiasmarse

jueves, 18 de julio de 2013
Era unha tarde moi calurosa do mes de xullo.
O lugar, un templo do que noutros tempos fora un Mosteiro: moita austeridade, moita sencillez...Algo de abandono nas pinturas das paredes...

Agradecíase a temperatura e o silencio do lugar.

Pouco a pouco foron chegando persoas e máis persoas. ..

Viñan a despedir a un gran home que disfrutou durante noventa anos de vida con calidade plena, un home modélico:
“Pasou desta vida á outra cando ía cara ó galiñeiro para botarlles as sobras do xantar ás súas galliñas”
(Elas tamén o han de botar en falta...)

Nesto, apareceu por alí un señor maior que polo seu aspecto un tanto descoidado, non deixaba indiferente a ninguén:

-Pouco pelo, despeiteado, cunha rascadura no curuto da cabeza.

-Barba un tanto descuidada con falta de darlle un bo repaso.

-Camisa por fóra porque facía calor e para disimularlle algo de panza.

-Pantalón moi gastado, con xeonlleiras marcadas polo uso.

-Aire desaliñado....

-Máis feo que guapo..

Pero o que máis chamaba a atención eran os seus pés cheos de pó como se viñea de face-lo Camiño de Santiago...

Calzaba unhas sandalias vellas tan cheas de pó como os pés.

Por un instante pasóuseme pola cabeza se sería un labrego que viña ó dereito da leira e que tal vez faría algún servizo ó templo, pero...

Dalí a un pouco, cando a igrexa xa estaba chea, o bo do señor apareceu revestido de alba e estola.
Naquel momento decateime que era o cura que presidiría a celebración de despedida do señor Pepe.

O señor Pepe era o pai dun amigo que teño en moita estima e naquel momento prefería que o crego tivera mellor aspecto para despedir como se merecía ó pai do meu amigo.
(Confeso que tiven un moi mal pensamento)

¡QUE EQUIVOCADA ESTABA!
¡Canto enganan as apariencias!
Menos mal que foi un mal pensamento instantáneo.

A continuación acordóuseme Xesús cando andaba a pé por Palestina. Este señor tamén debía ser un predicador ambulante e por eso levaba os pés poentos igual que as sandalias...

Máis tarde souben que anda nunha furgoneta destartalada de cor amarela...E que estivo de misioneiro en Chile...
NON PASA DESAPERCIBIDO, NON...

Botouse a camiñar polo andar central de templo, saudounos moi amablemente a todos e deunos a benvida á reunión dirixíndose a todos e a cada un cunha familiaridade como se nos coñecéramos de toda a vida.

-Protocolo ningún.
-Familiaridade , toda.
-Proximidade, canta fixera falta

Acto seguido pasou polos bancos preguntando se querían comulgar o Corpo e o Sangue porque Xesús di:
“COMEDE E BEBEDE...”

Eu daquela acordeime dalgúns cregos que teñen un xeito ben diferente e pensei: ¡Como me gustaría que viran esto..!

E cando todo estaba a punto:
Empezou a celebración pedindo a Deus piedade para todos pero moi especialmente para os do pobo no que nos atopábamos.

Facíao de modo tan directo, tan profundo, tan sincero, tan emotivo e con tanto entusiasmo que che chegaba ó fondo da alma.

Lectura, fixo unha soa. Aquela na que Xesús di: “Douche grazas Pai porque mostraches estas cousas á xente sencilla....”

Lía cunha entoación perfecta. Saíalle do máis profundado do seu corazón..
As dóces e suaves, pero certeiras palabras daquel SEÑOR CURA saían directas da súa alma e penetraban como dóces e suaves dardos na de tódolos presentes.

Eu sentín a tentación de ter unha grabadora, porque a ocasión merecíao.
E nin que decir ten que Deus estaba alí dándolle corda a Xaquín –tal era o seu nome- ó mesmo tempo que agudizaba a orella de tódolos asistentes á celebración.

Na homilía:
¿Imaxinan vostedes a intimidade que había entre Xesús e o Pai cando lle dicía:
“Grazas Pai por mostrar estas cousas á xente coma Pepe”

Pepe e moitas persoas boas como el que fan moitísimas cousas boas caladiñamente de forma anónima...

-As cousas boas non fan ruido e o ruido non fai cousas boas, dicía o santo varón

E engadía:
-¡HAI TANTÍSIMAS COUSAS BOAS NA VIDA..!

Certo que tamén hai algunhas malas, pero ...
¡HAI TANTÍSIMAS COUSAS BOAS NESTE MUNDO..!

E dirixíndose á viúva:.
“Sempre vos vía cruzando a rúa collidos da man... “
-¡¡¡FANTÁSTICO!!!

-¿Quéresme, Pepe?
-¿ E ti quéresme, Montserrat?

-¿E hasme de querer toda a vida?
-¿E hasme de querer na morte?
(...)

E... Pepe xa fai noventa anos que se bautizou con esta mesma auga neste mesmo lugar para iniciar a vida de cristián.
E hoxe asistimos ó seu bautizo de novo para iniciar a nova Vida...

A este santo varón, non lle costaba traballo ningún facer as interrupcións que fixera falta con tal de facer catequese ou para pedirlle ós asistentes que se puxeran cómodos:

-¡Por favor! ¡ QUE NON SE ERGAN OS QUE NON POIDAN!
A COMODIDADE ANTE TODO, dicía él.

E el sudaba porque se emocionaba.
Emocionábase, pero víase felicísimo.

Tiña unha boca grande, moi grande e sempre co sorriso presente.

Deulle as grazas a Xacinto Verdaguer pola súa colaboración coa lingua catalana:
“Grazas a el, eu estoulles falando na lengua nai , dicía”.

E cando rematou a homilía dixo:
“NON SIGO, NON SIGO... PORQUE ME EMOCIONO”

Non só se emocionaba el, senon que tamén emocionaba ós presentes:

-EMOCIONABA PORQUE VIBRABA E FACÍA VIBRAR.
-CONTAXIABA POSITIVIDADE.
-ERA UNHA DESAS PERSOAS CHEAS DE DEUS QUE NON PODEN DISIMULALO.

Deus estaba en todo o seu ser e Xaquín irradiábao a través de tódolos seus poros, especialemente co seu sorriso sempre presente naquela boca tan grande que case lle chegaba de orella a orella.

Presidiu unha celebración moi emotiva e relativamente rápida porque era unha gozada escoitalo.

Para rematar díxonos:

PODEMOS IRNOS COA CABEZA BEN ALTA E O CORAZÓN BEN ENTEIRO, como dicimos os cataláns.

XAQUÍN É A EXPRESIÓN DA BONDADE E DA FELICIDADE MESMA.

A min faltoume tempo para ir a felicitalo ó remate da celebración porque tiña que acompañar á consogra do defunto e sogra do meu amigo. (Encomendárama a súa filla e tamén moi amiga miña)

Á saída, non se falaba doutra cousa:

-¿Qué che pareceu o Crego?
-Diferente a todos.
-Extraordinario.

-¿É un santo, verdade?
-¡E tan santo que é!

-Fixo unha descripción bordada de como era Pepe.
-Claro que sí porque é un gran observador da vida e da xente sencilla.

-Certamente, ese home é un santo.
-Claro que é.

-Ese namora á xuventude.
-Namora a calquera...

Eu, despois de escoltar varios comentarios tamén quixen facer a miña aportación, dando a miña impresión:

“ESE CREGO TEN:
- MOITA XUVENTUDE.
-MOITA SABEDORÍA.
-MOITA BONDADE
-E MOITA SANTIDADE ACUMULADAS NO SEU HABER DURANTE SETENTA E MOITOS ANOS”
¡É PARA ENTUSIASMARSE!

Quixen compartir este entusiasmo con vostede –independentemente que vostede sexa crente ou non- porque atoparse con persoas tan humanas e tan divinas ó mesmo tempo é algo que non pode agocharse.

Se lle gustou este artigo seguro que vostede tamén figura na lista desas persoas moi humanas e moi divinas ó mesmo tempo.

¡QUÉ SORTE!

Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES