Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mercar tabaco ilegal

miércoles, 17 de julio de 2013
Que o tabaco é un monopolio comercial, témolo asumido mesmo os non fumadores, que todos entendemos que a Administración atopou un xeito perfecto de recadación dun imposto indirecto tremendamente sustancioso para as arcas públicas.

É dos poucos monopolios que quedan, despois de que os mixtos deixaran de ser unha exclusiva de Fosforera Española, os combustibles da Campsa ou o ferrocarril da Renfe, e convertido Correos nunha empresa comercial compatible coa existencia de ducias de empresas de transporte urxente.

Para vender tabaco hai que ser titular dun estanco, con licencia oficial, ou ter permiso para expendelo en calquera establecemento público. E sen embargo resulta que do tabaco que se vende ata un doce por cento non é legal, circula por cauces non legais, ven de contrabando.

En tempos, tranquilamente, calquera comprador pedía tabaco e indicaba – había numerosos puntos de venda- cal era o da súa preferencia, especialmente o máis barato. Pois polo que parece segue a acontecer o mesmo, porque segue a ser unha fonte de beneficios para os que se dedican a este comercio ilegal sen ter que pagar os onerosos impostos que gravan a este produto.

Nunca tivemos os galegos conciencia de que fose delito contrabandear ou trapichear co tabaco, todo o máis a constatación dunha diferencia de criterios entre o Estado que pretende recadar un sustancioso imposto e o comprador que pretende obter o produto o máis barato posible, existindo unha cadea de intermediarios que non queren entender que o sistema non é válido.

En tempos, algúns contrabandists do tabaco pasáronse ao tráfico de droga porque as ganancias eran infinitamente maiores, tamén os riscos e a conciencia de infracción. Vese que agora a crise – sempre a crise- fai de novo rendible a vella ocupación do contrabando de tabaco.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES