Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Barril de cru

miércoles, 31 de agosto de 2005
O custe do barril de Cru, nas súas versións Brent ou Texas, é motivo de permanente preocupación aínda para os que non teñan a máis mínima relación co sector dos combustibles ou co seguimernto da marcha da economía.

Estabamos afeitos a observar cotizacións de entre vinte e trinta dólares por un barril de cen litros, do que se obteñen diversas gasolinas, gasóleos e outros productos de total aproveitamento.

O notorio desfase entre o custe inicial e o precio final ó consumidor, correspondía ó importe do refinado, ós fortísimos impostos que os gobernos impoñen a estes productos, e ás marxes comerciais que unha longa escala de intermediarios perciben.

Xa non é a subida desmedida experimentada nos últimos tempos que coloca o precio do barril arredor dos setenta dóloares, que resultan algo menos euros pola diferencia na cotización. É a inseguridade do sector que parece asentado en barriles de pólvora en lugar de plataformas e xacementos petrolíferos.

Unha guerra, un cambio de goberno, unha alteración social, crea problemas no mundo do petróleo e orixina subidas por moito que a Opep incremente a súa producción.

Ou un furacán como o Katrina, que asola unha ampla zona dos Estados Unidos, fai tremer o entarimado petrolífero por afectar a zonas onde se extrae este líquido.

O sector é manifestamente inflamable, perigosamente fráxil, e por riba temos a sensación de que artificialmente manexado ou sostido.

Mentras os diversos países do mundo non busquen decididamente solucións enerxéticas alternativas, nada haberá que facer. Mentras a U.E. non tome decisións ó respecto –se lle deixan- non terá demostrado plenamente o seu papel.

Todo o que nos contan do precio do petróleo, dos problemas e aventuras dun barril de cru, é unha historia que beneficia ás petroleiras e paises produtores.

Mentras non se poña remedio a esta dependencia seremos criados mandados dos que teñen o barril de cru (e a nosa economía) nas súas mans.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES