Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tax lease

martes, 16 de julio de 2013
Á inmensa maioría dos galegos o do “tax lease” déixanos frios por puro descoñecemento, aínda que na conciencia de que un perigo que se abate sobre o noso sector naval, que de non solucionarse se vería ameazado de morte.

Para que este sector sexa competitivo, precisa axudas estatais que se estiveron producindo a xeito de bonificacións fiscais, que agora resultan inaxeitadas para a política europea de libre competencia entre os socios.

Gravísimo problema para os asteleiros privados de Galicia, País Vaso, Asturias, Cantabria, Canarias e Baleares, levando os oito asteleiros galegos a peor parte.

O Ministro de Industria cos presidentes de Galicia, Asturias e o País Vasco acudiron a negociar co Comisario da Competencia, Joaquín Almunia, pero o resultado é desesperanzador xa que non se admite o argumento de que se o problema se plantea en 2011 serán as axudas dese ano e posteriores as que haxa que reintegrar. E segue a espada de Damocles pendente sobre as cabezas dun sector, vital para Galicia, con moitos miles de empregos no aire, que non terá viabilidade como o problema non se resolva, xa que sen esas axudas non é posible a continuidade da nosa industria naval. E como haxa que devolver as axudas recibidas, será unha catástrofe.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES