Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medo ó lume

martes, 30 de agosto de 2005
Estamos tan escaldados que vemos lume na máis mínima claridade e consideramos un ben de Deus a mínima choiva que días pasados nos retirou da primeira actualidade dos informativos e das primeiras páxinas de tódolos diarios.

Como se, de repente, descubrisemos os incendios forestais. Como se, de repente, comezase a arde-lo monte, e non levasemos tres décadas alomenos sufrindo esta plaga que hai tempo se supoñía era vinganza dos labregos por terlles arrebatado os montes comunais para neles facer aquelas irreflexivas plantacións de pinos de comezos dos anos sesenta.

Todos sabían sen saber. Todos coñecían remedios. Todos, menos as autoridades competentes que en tempos eran os Distritos Forestais, logo o Instituto da Conservación da Natureza, logo a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, e por fin a dos asuntos do Rural.

Este ano tivemos un verán de moi altas temperaturas, de escasísimas choivas e, polo tanto, de moi doada transmisión de calquera lume.

E considerando que quen queima un monte é un asasino, non podemos supeditar a nosa vida a que unha faísca poida orixinar unha traxedia.

Como é posible que, despois de ducias de anos non se poidan lanzar os globos festeiros que, coma o de Betanzos, son a alma dunha festa?

Como é posible que os fogueteiros galegos estean a perder cantidades inxentes porque non se poden facer sesións de fogos de artificio?

Como é posible que nalgún pobo galego houbera que substituir a tradicional sardiñada por un convite de sardiñas en lata, ou se celebre a Festa das Fachas de Taboada coas fachas apagadas?.

Eso xa non é medo ó lume. Eso é facer o rídículo. Do mesmo xeito que é ridícula solución esa de non poder construir nos terreos afectados por un incendio.

A este paso, prohíbanse as tormentas, porque os raios son causantes de incendios. Prohíbase fumar ó volante, porque hai conductores desaprensivos. Prohíbase o encendido das velas nas romarías tradicionais.

Se con prohibicións se solucionase o problema dos incendios, hai moito tempo que estarían desaparecidos.

Non teñamos medo. Teñamos sentidiño, e busquemos verdadeiras solucións.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES